domingo, 13 de setembro de 2020

SERVIZO TUPPER COMEDOR

Boas tardes,

Informamos que se abre a posibilidade de que non só os usuarios do comedor utilicen o servizo tupper, o resto das familias poderán tamén beneficiarse deste servizo, neste caso terán que recoller o menú directamente nas instalacións de Adrimial Food, poderán recollelo ata as 15.30.

Os prezos serán os mesmos que para os usuarios do comedor:

  • Socios da ANPA: 5€.
  • Non socios: 6€.
Saúdos,
ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.