mércores, 19 de maio de 2021

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS ANPA CEIP MESTRE VALVERDE MAYO

 

Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da Asamblea anual da ANPA o vindeiro venres desta semana, día 21 de maio, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día :

1-   Lectura e aprobación da acta anterior

2-   Presentación de contas do curso 2019/2020

3-   Renovación da actual Xunta Directiva

4-   Rogos e preguntas

Na Asamblea vanse tomar decisións moi importantes de cara o vindeiro curso 2021-2022, entre outras, a posibilidade ou non da continuidade do Comedor e Plan Madruga, e demais actividades que son xestionadas pola ANPA. Daquela agradecemos encarecidamente a asistencia á mesma.

Nos próximos meses procederase á disolución da actual Xunta Directiva. Por suposto, estaremos á disposición da nova Xunta Directiva para axudala en todo o que precise. Por isto é necesario que este relevo dé comezo o antes posible, para o mantemento dos servizos.

        Co fin de garantir as medidas de seguridade e cumprir os protocolos COVID, todos os asistentes deben rexistrar a súa asistencia á reunión enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 620 160 857 indicando: REUNIÓN ANPA seguido de nome, apelidos, DNI e curso ao que pertencen os seus fill@s antes do día 21 de maio para facilitar a organización do espazo e o control de aforo. Poderá asistir só un membro de cada unidade familiar. 

                          Grazas de antemán pola vosa colaboración.

Un cordial saúdo. 

A directiva da ANPA.

 

   ‘A ANPA somos tod@s’