xoves, 21 de outubro de 2021

NOVO SERVIZO DE PLAN MADRUGA

A partir do día 2 de novembro imos cambiar de empresa no servizo de Plan Madruga. Vaise a ampliar o horario, comenzando as 7:30h da mañá. As cotas non se verán modificadas, sendo para os socios:


-Usuarios mes completo: 40€

-Usuarios medio mes: 30€

-Usuarios días soltos: 4,50€


E para os non socios:


-Usuarios mes completo: 45€

-Usuarios medio mes: 35

-Usuarios días soltos: 5,50€


Tendes que facilitarlles os vosos datos á nova empresa para que poida proceder aos cobros. O primeiro día as monitoras enviarán a folla de inscrición nas mochilas de todos os usuarios do plan madruga. Tamén a podedes descargar nesta mesma entrada.


Saúdos,


INSCRICIÓN SOCIOS

INSCRICIÓN NON SOCIOS



martes, 19 de outubro de 2021

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E DO USO DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR

Informamos aos pais e nais de que o concello de Mos acaba de publicar as axudas municipais de libros e material escolar, e uso do servizo de comedor escolar. O prazo de presentación das solicitudes é de10 días, dende o 20 de outubro ata o 3 de novembro.

Xunto coa solicitude e os anexos correspondentes, as persoas interesadas deberán de presentar os seguintes documentos: 

  • Copia do D.N.I. da persoa solicitante, do cónxuxe, ou titores no seu caso. 
  • Fotocopia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio entregarase tamén copia da sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor. 
  • Declaración da renda do exercicio 2020 da persoa solicitante e, de selo caso ,do cónxuxe ou persoa unida por análoga relación. No caso de non habela feito presentarase un certificado negativo emitido por facenda, así como os xustificantes de ingresos do ano 2020 dos organismos dos que perciba ingresos, Seguridade Social, INEM, Xunta... 
  • Xustificante de matricula do/a alumno/a. 
  • Orixinal das facturas detalladas do material e, no seu caso, xustificante de ANPA ou Centro Escolar do gasto realizado. 
  • Xustificante da solicitude do servizo de comedor, con indicación do número de días mensuales que acudirá cada neno/a.
  • Vida laboral daqueles que formen a unidade familiar e non fagan a declaración da renda.
  • Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda Pública. 
  • Certificación do número de conta bancaria ou impreso establecido para o efecto. 
  •  Documentación que xustifique o empeoramento da situación económica durante o ano 2021 , en relación ao que consta na declaración do IRPF. Se é o caso.

Concederáselles a axuda ás unidades familiares que non superaran no ano 2020 os seguintes ingresos:
  • Unidade familiar de dous membros: 15817,20€
  • Unidade familiar de tres membros: 23725,80€
  • Unidade familiar de catro membros: 31634,40€
  • Unidade familiar de cinco ou máis membros: 39543€

CONVOCATORIA

SOLICITUDE



domingo, 17 de outubro de 2021

AMPRIACIÓN DO PRAZO PARA PAGAR A COTA DA ANPA

Queridas familias,

De forma extraordinaria, ampríase o prazo para pagar a cota de socios da ANPA ata o vindeiro 31 de outubro de 2021.

Recórdaselles a tódalas familias que facerse socio da ANPA conleva numerosas vantaxes tales como descontos na cota do plan madruga, no menú do comedor, nas mensualidades das actividades extraescolares ou acceso ao carné de descontos en tendas de Mos e Porriño, entre outras. Así mesmo, en canto a situación epidemiolóxica o permita, ser socio también conlevará numerosas vantaxes adicionais no pago da cota nas excursións o na participación en festas da ANPA. 

Para aquelas familias novas no colexio así como para calquera outra para a que poida ser de interese, aclaramos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  •  Xestionar a compra do material escolar.
  •  Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  •  Xestionar as actividades extraescolares.
  •  Subvencionar as excursións realizadas polo colexio.
  •  Organizar e subvencionar a excursión de fin de curso para as familias.
  •  Organizar a festa do Magosto e a festa de Fin de Curso para o desfrute d@s nen@s e das súas familias.
  • Organizar a visita das súas maxestades no Nadal.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais para permitir desfrutar ós nosos socios de descontos especiais.
  • Colaborar na adquisición de materiais para o colexio (nos últimos anos a ANPA adquiríu e instalou o mobiliario do comedor, unha pizarra dixital, cociñas, bonecas e puzzles para os nen@s de infantil, etc.).
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración con distintas entidades educativas e gubernamentais co fin de conseguir melloras nas infraestructuras, dotacións económicas e funcionamento do noso colexio.

Instruccións para pagar a cuota da ANPA


mércores, 6 de outubro de 2021

RECORDATORIO PAGO COTAS ANPA E MATERIAL

Queridas familias,

Neste curso tan só o material de educación infantil será xestionado polo colexio e a ANPA, sendo o custo o seguinte:

  • Socios ANPA: 40€/alumn@
  • Non Socios: 45€/alumn@

A xestión de este material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.  

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as necesidades de cada momento. De optar por esta vía debe facerse o antes posible xa que neste momento @s nen@s xa están utilizando o material mercado polo colexio.

A cota para ser socio da ANPA durante este curso é de 20€/familia.

Agradecemos que o pago da cota de material se realice xunto co da cota da ANPA, para que os pagos poidan verificarse de xeito adecuado.

O prazo para realizar o pago da cota da ANPA e a cota de material rematou o 30 de setembro, ampliamos dito prazo ata o 15 de outubro.

O número de conta para facer os pagos é o seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761

Ante calquera outra cuestión ou suxerencia non dubidedes en porvos en contacto con nós a través do teléfono ou e-mail.

Pedimos a colaboración das familias, xa que para poder seguir desenvolvendo estas actividades é imprescindible contar cun número de socios suficientes e das súas aportacións, coas cales cubriránse ademais dos seus custos directos os custos fixos da asociación (gastos bancarios, seguro de responsabilidade civil, factura telefonía, material de oficina, etc.).

Agradecemos que se algunha familia non desexa ser membro da ANPA e por tanto non desexa colaborar na realización destas actividades nolo comunique.

A ANPA Somos Tod@s.
 
    Saúdos,
 
    ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo