sábado, 19 de setembro de 2020

ACLARACIÓN COTA MATERIAL E ANPA 2020/2021

 Queridas familias,

Para dar resposta a algunhas das preguntas que algúns vides facéndonos nestes días, aclaramos cal é o procedemento relativo ó pago de cotas de material e ANPA durante este curso.

Neste curso tan só o material de educación infantil será xestionado polo colexio e a ANPA, sendo o custo o seguinte:

  • Socios ANPA: 40€/alumn@
  • Non Socios: 45€/alumn@

A xestión de este material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.  

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as necesidades de cada momento. De optar por esta vía debe facerse o antes posible xa que neste momento @s nen@s xa están utilizando o material mercado polo colexio.

A cota para ser socio da ANPA durante este curso é de 10€/familia.

Agradecemos que o pago da cota de material se realice xunto co da cota da ANPA, para que os pagos poidan verificarse de xeito adecuado.

O prazo para realizar o pago da cota da ANPA e a cota de material é ata o 30 de setembro.

Para as familias de primaria o plazo do pago da cota da ANPA tamén remata o 30 de setembro, xa que é necesario pechar a lista de socios para distribuir os carnés de desconto (tedes toda a información acerca destes carnés neste mesmo blog).

Lembramos que as familias que no curso pasado cursaron en educación infantil non precisan realizar este ano o pago da cota da ANPA xa que queda compensada co remanente do ano pasado (tedes toda a información tamén neste blog).

No apartado pagos tedes ó número de conta e a información necesaria para facer os mesmos.

Ante calquera outra cuestión ou suxerencia non dubidedes en porvos en contacto con nós a través do teléfono ou e-mail.

Grazas pola vosa colaboración,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.