Saltar ao contido principal

EXTRAESCOLARES, COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2020/21


Bo día,

Finalmente neste curso 2020/21 manteránse os servizos de comedor e plan madruga. As actividades extraescolares de momento quedan canceladas, xa que non podemos asegurar a viabilidade das mesmas dentro das restriccións que as autoridades impoñen para levalas a cabo, sen embargo se a situación cambia ó longo do curso estudiaráse a posibilidade de retomalas.

Desde a ANPA levamos varias semanas traballando para adecuar os servizos de comedor e plan madruga ós protocolos esixidos pola Xunta. A nosa intención é a de iniciar ambos servizos o 14 de Setembro, pero de momento aínda non o podemos confirmar. Unha das obrigacións ás que estamos sometidos é a de levar un rexistro de asistencia e a situación de cada nen@ dentro do comedor, por este motivo será necesario realizar unha solicitude previa para facer unha estimación do número de asistentes durante o curso a ambos servizos. No momento en que teñamos todas as autorizacións pertinentes ó día, procederemos á recepción de solicitudes e ó rexistro de usuarios nos servizos, estamos facendo todo o posible para que sexa canto antes. Chegado o momento, ademais de actualizar a información neste blog, será enviada unha notificación por TokApp, Abalar e a través dos distintos grupos de WhatsApp das aulas (agradecemos que nos axudedes á súa difusión por este medio), de modo que poida chegar rapidamente a todo o mundo e poidamos axilizar este trámite o máximo posible.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2025/26

  Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar. GUÍA DE USO DO COMEDOR As  normas e procedementos  que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. R...
Es el momento de unirnos por la educación de nuestros hijos e hijas Buenas tardes, familias: La situación de nuestros centros educativos es insostenible y no podemos quedarnos de brazos cruzados. Desde enero, estamos trabajando codo con codo con ANPAs, profesorado y directivas de Porriño y Mos porque compartimos una realidad preocupante: la falta de recursos está dañando la calidad educativa en A Louriña. Nos enfrentamos a ratios de alumnos desfasadas (de hace 20 años), falta de personal de apoyo y escasez de medios para atender la diversidad. Este no es un problema de unos pocos, es un problema de todas las familias. Por eso, hemos decidido pasar a la acción. Nos sumamos a la manifestación convocada por las Asambleas Abiertas del Profesorado. Es hora de que familias y docentes formemos un frente común en Porriño y el sur de Pontevedra. Te necesitamos allí. No es solo una protesta, es un acto de responsabilidad para defender una enseñanza pública, gallega y de calidad. ¿Qué puedes hac...

SOCIOS ANPA CURSO 2025/26 - PRAZO DO 15 DE XUÑO ATA O 30 DE SETEMBRO

  Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 15 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2025 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as esc...