martes, 19 de marzo de 2024

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.

O próximo mes de marzo terá lugar unha charla moi interesante sobre «CIBERACOSO», na Axencia de Colocación de Mos.

Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.

Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.