Saltar ao contido principal

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2025/26 - PRAZO DESDE O 15 DE XUÑO ATA O 30 DE SETEMBRO

 Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.

Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar.


GUÍA DE USO DO COMEDOR

As normas e procedementos que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. Recomendamos encarecidamente a tódolas familias lean detidamente estas normas.

Guía de Uso e Procedemento do Comedor


NORMAS DE FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA

Aproveitamos a ocasión para recordarvos as normas de funcionamento e convivencia que rixen as actividades complementarias da escola e que son de obrigado cumprimento para todos os alumnos e alumnas usuarias do servizo de comedor. Por favor, poñede especial atención ás medidas recollidas no documento que se atopa na seguinte ligazón, en especial ás medidas correctoras en caso de condutas contrarias á convivencia.


Normas de funcionamento e convivencia


No caso de alumnos que precisen facer uso do Comedor de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán seguir o procedemento descrito na Guía de Uso do comedor para poder inscribirse neste servizo. 


LIGAZÓN PARA A INSCRICIÓN NO COMEDOR

Para acceder ao formulario de inscrición é preciso clikar na seguinte ligazón:


 Fai clic aquí


É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a preinscribir. Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo. Non se aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir, non se aceptan formularios por escrito ou por email.

Este formulario pecharáse trala finalización do prazo de inscrición, o 30 de xuño. As familias que desexen inscribir alumnos en prazos posteriores a esa data, deberán esperar ata setembro, xa que a ANPA cesa as súas actividades de forma temporal durante xullo e agosto polo período estival. 

Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2024/2025.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 17 de xuño e remata o 15 de setembro de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periódo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instruccións pertinentes.  As actividades darán comezo o martes 1 de outubro de 2024. RESPONSABLE PRES...

INSCRICIÓN AULA MADRUGA E COMEDOR FÓRA DE PRAZO

As familias que queiran inscribir aos seus fillos/as no comedor ou na aula madruga unha vez rematado o prazo de inscrición, deberán cubrir os seguintes documentos e envialos por correo electrónico ás empresas que prestan o servizo  e á escola ( ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ) Formulario de inscrición PLAN MADRUGA orecreoanimacion.galicia@gmail.com Formulario de inscrición COMEDOR adrimialfood@gmail.com

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizado...