martes, 14 de xullo de 2020

SAÚDOS

Queridas familias,

Pomos en marcha este blog para poder mantervos informados acerca de todas as novidades relacionadas coa nosa asociación.

Debido á situación actual provocada pola crise da Covid-19 este ano non nos foi posible levar a cabo a nosa actividade con normalidade, por esa mesma circunstancia tampouco podemos confirmar que servizos ofreceremos  no próximo curso 2020-2021 nin en que condicións os poderemos ofrecer. Segundo vaiamos tendo certeza iremos publicando neste mesmo blog toda a información.

Saúdos,
ANPA Ceip Mestre Valverde Mayo.

COTA ANPA

Prezadas familias,

O importe correspondente á cota da ANPA é de 20€/familia, pola contra,  no curso 2020-2021, debido á crise económica provocada pola Covid-19, o impacto que esta está a ter nas familias e a limitación dos servizos da ANPA neste curso o importe da cota terá un desconto do 50%, pasando a ser de 10€/familia.

Este pago poderá formalizarse así que comece o curso escolar.

Saúdos,
ANPA Mestre Valverde Mayo.




domingo, 12 de xullo de 2020

QUEN SOMOS

A ANPA é a asociación que conformamos as nais e pais dos alumnos do noso colexio. 

A directiva da ANPA está formada por un grupo de nais e pais que, de modo voluntario e sen ningún tipo de contraprestación, encargámonos de desenvolver todas as funcións da asociación como colaboradora da función educativa do colexio, naquelas actividades complementarias á labor dos docentes e dirección do mesmo.

A ANPA, como entidade, desenvolve unha labor de contacto e colaboración con distintas entidades educativas e gobernamentais, pondo a atención na existencia continua de melloras nas infraestructuras, dotacións económicas e funcionamento do CEIP Mestre Valverde Mayo, coa intención de que repercuta directamente no benestar de todos os alumnos, mestres e de toda a comunidade educativa en xeral.

Por todo isto, e para que cada ano se manteñan e melloren os servizos da ANPA, invitamos a todas as nais e pais a participar como membros da directiva, incorporándovos paulatinamente ó longo do ano, coñecendo así as labores que desenvolvemos e aportando  nas mesmas.

'A ANPA somos tod@s'

martes, 7 de xullo de 2020

PAGOS

Os pagos á ANPA únicamente poden facerse a través de transferencia bancaria.

É imprescindible poñer no concepto ou observacións da transferencia o nome completo do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (por exemplo: María Pérez 4EP Cota ANPA; Anxo Pérez 5EI Cota Material).

A conta para a realización das transferencias é a seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761

CONTACTO

Podedes contactar con nos a través do noso e-mail ou por teléfono móvil (preferentemente a través do WhatsApp):

✉ anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com
☎ 620 160 857

Intentaremos respondervos o antes posible, en 24-48h aprox. Por favor, tende en conta que a directiva da ANPA está formada por pais e nais voluntarios, que traballan e teñen responsabilidades que compaxinan da mellor maneira posibel coa xestión dos asuntos da ANPA. 

Moitas grazas pola vosa comprensión e paciencia.