Saltar ao contido principal

SOCIOS ANPA CURSO 2025/26 - PRAZO DO 15 DE XUÑO ATA O 30 DE SETEMBRO

 Queridas familias,

Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 15 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2025Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo.

Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes.


NOVA COTA DA ANPA

Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual. A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir:

  • 20 euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso.
  • 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
  • 30 euros anuais para unha familia con 3 fillos/as escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
  • etc.


TANTO NOVOS SOCIOS COMO RENOVACIÓNS

Tanto os socios novos, que se asocien por primeira vez, como os socios que renoven, terán que cubrir un formulario cos seus datos, dispoñible na seguinte ligazón:


Fai click aquí


Só se considerará como socio en canto se corfime a recepción da cota correspondente.

COTA DE MATERIAL PARA ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aproveitamos para recordar, como todos os anos, que existe a posibilidade de que a adquisición do material escolar esixido para os alumnos de Educación Infantil (4 EI, 5 EI e 6 EI, É dicir, nenos/as de 3, 4 e 5 anos) sexa xestionado pola ANPA. Desta forma, o persoal docente será o encargado de entregarlle a cada alumno/a o material necesario ao longo de todo o curso escolar.

Para iso, cada familia deberá ingresar na conta da ANPA o cota de material correspondente. Para o curso 2025/26, como novidade, a cota de material veuse incrementada debido á suba de prezos dos materiais. Polo tanto, este ano será a seguinte:


- Socios da ANPA: 60 euros/alumno

- Non asociados ANPA: 65 euros/alumno


Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material e non facelo a través da ANPA, debe poñerse en contacto coa escola e coa ANPA antes do inicio do curso. Lembramos que, de facelo así, será responsabilidade da propia familia ir mercando o material necesario durante o curso segundo as indicacións da titora en cada momento. De optar por esta vía, debe comunicarse o antes posible, xa que dende o primeiro día, os rapaces xa estarán utilizando o material mercado de forma global con estas cotas.


FORMA DE PAGO

Os pagos da cota da ANPA ou do material unicamente se poden facer a través dunha transferencia bancaria.

É imprescindible pór no concepto ou observacións da transferencia o nome e apelidos do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.ex.: María Pérez 4EP Cota ANPA, Xan López 6EI Cota Material).

A conta para realizar a transferencia é a seguinte:


ES59 2080 5452 6430 4012 0761


POR QUE É IMPORTANTE SER SOCIO DA ANPA

Para aquelas familias novas na escola, así como para calquera outra para a que poida ser de interese, recordamos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  • Xestionar a compra conxunta do material escolar para os rapaces de infantil.
  • Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  • Xestionar as actividades extraescolares.
  • Subvencionar as excursións realizadas pola escola.
  • Colaborar coa organización das festas máis importantes da escola (Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, Fin de Curso, entre outras), financiando actividades lúdicas ou a merenda nalgún casos.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais de Mos e O Porriño para que ós nosos socios se beneficien de descontos especiais grazas ao carné do ANPA.
  • Colaborar, cando sexa preciso, na adquisición de materiais para a escola (por ex. mobiliario para o comedor, xoguetes, adornos para as festas, etc.).
  • Preparación e xestión de subvencións que axudan a cofinanciar algúns servizos, como é o caso do comedor.
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración tanto coa dirección do centro como con distintas entidades educativas e gobernamentais (co concello, con asociacións, con outras ANPAS, etc.) co fin de conseguir melloras nas infraestruturas, maiores dotacións económicas e melloras no funcionamento da nosa escola.
  • Administración e xestión das contas e obrigas financeiras da ANPA, constituída como asociación. Xestión do blog da ANPA e dos protocolos que afectan ao funcionamento da mesma. Organización de asembleas e reunións informativas, redacción de comunicados e noticias. Representación no Consello Escolar. 

Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2024/2025.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 17 de xuño e remata o 15 de setembro de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periódo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instruccións pertinentes.  As actividades darán comezo o martes 1 de outubro de 2024. RESPONSABLE PRES...

INSCRICIÓN AULA MADRUGA E COMEDOR FÓRA DE PRAZO

As familias que queiran inscribir aos seus fillos/as no comedor ou na aula madruga unha vez rematado o prazo de inscrición, deberán cubrir os seguintes documentos e envialos por correo electrónico ás empresas que prestan o servizo  e á escola ( ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ) Formulario de inscrición PLAN MADRUGA orecreoanimacion.galicia@gmail.com Formulario de inscrición COMEDOR adrimialfood@gmail.com

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizado...