domingo, 11 de outubro de 2020

BAILE PARA NEN@S

Ola,
Patricia Martínez, que nos últimos anos deu clases de baile moderno no noso colexio, vai impartir un curso de baile para nen@s no Pazo de Mos, os interesados podedes anotarvos chamando o Pazo de Mos.


Saúdos,
ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

luns, 5 de outubro de 2020

RECORDATORIO E ACLARACIÓN PAGO COTAS

Queridas familias,

Recordamos que o prazo de pago da cota do material e da cota da ANPA rematou o 30 de setembro.

Para aquelas familias novas no colexio así como para calquera outra para a que poida ser de interese, aclaramos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  •  Xestionar a compra do material escolar.
  •  Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  •  Xestionar as actividades extraescolares.
  •  Subvencionar as excursións realizadas polo colexio
  •  Organizar e subvencionar a excursión de fin de curso para as familias.
  •  Organizar a festa do Magosto e a festa de Fin de Curso para o desfrute d@s nen@s e das súas familias.
  • Organizar a visita das súas maxestades no Nadal.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais para permitir desfrutar ós nosos socios de descontos especiais.
  • Colaborar na adquisición de materiais para o colexio (nos últimos anos a ANPA adquiríu e instalou o mobiliario do comedor, unha pizarra dixital, cociñas, bonecas e puzzles para os nen@s de infantil, etc.).
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración con distintas entidades educativas e gubernamentais co fin de conseguir melloras nas infraestructuras, dotacións económicas e funcionamento do noso colexio.
Neste ano, algunhas destas actividades non se poderán levar a cabo, razón pola cal a cota da ANPA diminuíuse no 50%, pero seguiremos a traballar naquelas actividades que nos permiten as circunstancias actuais e iránse retomando o resto segundo sexa posible, para o cal é necesario que a ANPA sobreviva como asociación, inda que neste ano os servizos non poidan ser os acostumados. Por esa mesma razón pedimos a colaboración das familias, xa que para poder seguir desenvolvendo estas actividades é imprescindible contar cun número de socios suficientes e das suas aportacións, coas cales cubriránse  ademais dos seus custos directos os custos fixos da asociación (gastos bancarios, seguro de responsabilidade civil, factura telefonía, material de oficina, etc.).

En canto teñamos ó dia o listado de socios repartiremos os carnés de desconto. Para axilizar esta labor e permitirnos elaborar os orzamentos deste curso agradecemos que se algunha familia non desexa ser membro da ANPA e por tanto non desexa colaborar na realización destas actividades nolo comunique.

A ANPA Somos Tod@s.
    Saúdos,
    ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo