domingo, 11 de outubro de 2020

BAILE PARA NEN@S

Ola,
Patricia Martínez, que nos últimos anos deu clases de baile moderno no noso colexio, vai impartir un curso de baile para nen@s no Pazo de Mos, os interesados podedes anotarvos chamando o Pazo de Mos.


Saúdos,
ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

luns, 5 de outubro de 2020

RECORDATORIO E ACLARACIÓN PAGO COTAS

Queridas familias,

Recordamos que o prazo de pago da cota do material e da cota da ANPA rematou o 30 de setembro.

Para aquelas familias novas no colexio así como para calquera outra para a que poida ser de interese, aclaramos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  •  Xestionar a compra do material escolar.
  •  Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  •  Xestionar as actividades extraescolares.
  •  Subvencionar as excursións realizadas polo colexio
  •  Organizar e subvencionar a excursión de fin de curso para as familias.
  •  Organizar a festa do Magosto e a festa de Fin de Curso para o desfrute d@s nen@s e das súas familias.
  • Organizar a visita das súas maxestades no Nadal.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais para permitir desfrutar ós nosos socios de descontos especiais.
  • Colaborar na adquisición de materiais para o colexio (nos últimos anos a ANPA adquiríu e instalou o mobiliario do comedor, unha pizarra dixital, cociñas, bonecas e puzzles para os nen@s de infantil, etc.).
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración con distintas entidades educativas e gubernamentais co fin de conseguir melloras nas infraestructuras, dotacións económicas e funcionamento do noso colexio.
Neste ano, algunhas destas actividades non se poderán levar a cabo, razón pola cal a cota da ANPA diminuíuse no 50%, pero seguiremos a traballar naquelas actividades que nos permiten as circunstancias actuais e iránse retomando o resto segundo sexa posible, para o cal é necesario que a ANPA sobreviva como asociación, inda que neste ano os servizos non poidan ser os acostumados. Por esa mesma razón pedimos a colaboración das familias, xa que para poder seguir desenvolvendo estas actividades é imprescindible contar cun número de socios suficientes e das suas aportacións, coas cales cubriránse  ademais dos seus custos directos os custos fixos da asociación (gastos bancarios, seguro de responsabilidade civil, factura telefonía, material de oficina, etc.).

En canto teñamos ó dia o listado de socios repartiremos os carnés de desconto. Para axilizar esta labor e permitirnos elaborar os orzamentos deste curso agradecemos que se algunha familia non desexa ser membro da ANPA e por tanto non desexa colaborar na realización destas actividades nolo comunique.

A ANPA Somos Tod@s.
    Saúdos,
    ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo

luns, 28 de setembro de 2020

AVISO USUARIOS PLAN MADRUGA

Estimadas familias,

Comprácenos comunicarvos que a partir do mes de outubro e durante os meses de outubro, novembro e decembro o Plan Madruga volta ó seu horario de 07.30 a 09.15.

Isto é posible grazas a que tras solicitar axuda ó Concello de Mos este respondeu favorablemente e subvencionará parte do servizo, permitindo así, non só ampliar o seu horario senón tamén garantir a súa continuade en polo menos tres meses máis, xa que debido ás normativas impostas pola Xunta en materia de prevención da Covid faise necesario que no servizo haxa un mínimo de dous monitores en todo momento, permitindo así illar na sala Covid a posibles usuarios con síntomas de Covid baixo o coidado dun dos monitores.

De cara ó ano que ven, será revisada a situación en decembro e desde a ANPA faremos todo o que esté nas nosas mans para continuar co servizo e continualo neste mesmo horario, o cal poderá manterse sempre que o concello siga subvencionando parte do servizo ou se a normativa vixente nese momento nos permite continuar co servizo cun só monitor.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo

sábado, 26 de setembro de 2020

PUZZLES EDUCACIÓN INFANTIL

Boas tardes,

A ANPA ven de adquirir 16 puzzles para repartir entre os catro grupos de educación infantil.

¡Esperamos que @s nen@s os desfruten! 😊


Saúdos,
ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

sábado, 19 de setembro de 2020

ACLARACIÓN COTA MATERIAL E ANPA 2020/2021

 Queridas familias,

Para dar resposta a algunhas das preguntas que algúns vides facéndonos nestes días, aclaramos cal é o procedemento relativo ó pago de cotas de material e ANPA durante este curso.

Neste curso tan só o material de educación infantil será xestionado polo colexio e a ANPA, sendo o custo o seguinte:

  • Socios ANPA: 40€/alumn@
  • Non Socios: 45€/alumn@

A xestión de este material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.  

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as necesidades de cada momento. De optar por esta vía debe facerse o antes posible xa que neste momento @s nen@s xa están utilizando o material mercado polo colexio.

A cota para ser socio da ANPA durante este curso é de 10€/familia.

Agradecemos que o pago da cota de material se realice xunto co da cota da ANPA, para que os pagos poidan verificarse de xeito adecuado.

O prazo para realizar o pago da cota da ANPA e a cota de material é ata o 30 de setembro.

Para as familias de primaria o plazo do pago da cota da ANPA tamén remata o 30 de setembro, xa que é necesario pechar a lista de socios para distribuir os carnés de desconto (tedes toda a información acerca destes carnés neste mesmo blog).

Lembramos que as familias que no curso pasado cursaron en educación infantil non precisan realizar este ano o pago da cota da ANPA xa que queda compensada co remanente do ano pasado (tedes toda a información tamén neste blog).

No apartado pagos tedes ó número de conta e a información necesaria para facer os mesmos.

Ante calquera outra cuestión ou suxerencia non dubidedes en porvos en contacto con nós a través do teléfono ou e-mail.

Grazas pola vosa colaboración,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

domingo, 13 de setembro de 2020

CARNÉ DESCONTOS SOCIOS ANPA

Estimadas familias,

Este ano a ANPA estableceu un acordo de colaboración con algúns establecementos a través do cal éstes ofrecerán un desconto a todos os socios da ANPA do colexio. Para a aplicación do desconto, os establecementos solicitarán ós socios que se identifiquen como tales presentando o correspondente carné de descontos. A ANPA remitirá estes carnés a cada familia unha vez se verifique o pago da cota da ANPA de este curso.

Todos os descontos serán válidos ata o 31 de decembro de 2021. Detallamos a continuación cales son os colaboradores e os respectivos descontos que ofrece cada un deles:

KANGAROO CENTRO DE IDIOMAS (R/Enrique Peinador, 5 baixo O Porriño)

10 % de desconto en todos os idiomas

15 % de desconto en todos os idiomas se van varios membros da familia

MAISON ESCUELA DE MÚSICA (Rúa Codesal, O Porriño)

10 % de desconto na mensualidade de calquera actividade grupal de outubro a xuño

LIBRERÍA PAZ (R/ Ramón González, 3 O Porriño)

10 % de desconto en libros de lectura

15 % de desconto en material escolar

LIBRERÍA RECONDO (Rúa Ramón González, 11 O Porriño)

5 % de desconto en libros (agás libros de texto)

10 % de desconto en material escolar

COPIREY (Rúa Antonio Palacios, 56 O Porriño)

10 % de desconto en libros (agás libros de texto)

15 % de desconto en material escolar (excepto informática e manualidades)

CARLIN

6 % de desconto en material escolar

RAYUELA MODA INFANTIL Y PUERICULTURA (Rúa Pío XII, 4 O Porriño)

10 % de desconto en textil

5 % de desconto en puericultura (dispoñible en stock)

TOPITOS MODA INFANTIL (Rúa Manuel Rodríguez, 19 O Porriño)

15 % de desconto (agás complementos e rebaixas)

PLANETA KIDS (Praza Central, 1 O Porriño)

10 % de desconto en nova colección

TIC TAC ZAPATERÍA INFANTIL (Antonio Palacios, 25 O Porriño)

10 % de desconto (agás promocións especiais e rebaixas)

DOVER (Rúa Mercado, 3 O Porriño)

10 % de desconto (agás rebaixas)

CLÍNICA DENTAL RAÚL GARCÍA VILLADANGOS E CARLOS GARCÍA TRONCOSO (Avda.Buenos Aires, 3 2º)

15 % de desconto (agás tratamentos de implantoloxía)

CENTRO MÉDICO EL CASTRO PORRIÑO (Rúa O Pinar, 1 O Porriño)

Sesión de fisioterapia: 20 €

Recoñecemento psicotécnico: 25 €

Consulta medicina xeral: 35 €

Consulta traumatoloxía: 60 €

Consulta xinecolóxica + ecografía: 60 €

Consulta psicoloxía: 45 €

Evaluación logopedia: 50 €

MULTIÓPTICAS PORRIÑO (Avenida Domingo Bueno, 6 O Porriño)

20 % de desconto en montura completa

15% de desconto en cambio de cristales e gafas de sol

10 % de desconto en lentes de contacto, gafas para piscina, protección, deporte, termómetros, lupas e prismáticos

5 % solución de mantemento, audífonos e tapóns para oídos

OPTICALIA  ALEMANA* (Rúa Ramón González, 4 O Porriño)

10 % de desconto en monturas

40 % de desconto en lentes de stock na tarifa do seu principal proveedor

50% de desconto en lentes de fabricación do seu principal proveedor

En nenos menores de 8 anos, lentes orgánicas endurecidas gratis, en modalidade Express comprando montura (máximo 2 veces ó ano)

*Descontos válidos tamén en calquera dos seus centros de Ponteareas, A Cañiza, Ramallosa, Gondomar, Salceda e Salvaterra.

SAUDEVISIÓN CENTRO ÓPTICO (Rúa Antonio Palacios, 20 baixo O Porriño)

25 % de desconto (agás promocións)

FARMASAÚDE (Rúa Antonio Palacios, 20 O Porriño)

5 % de desconto (agás alimentación infantil)

PARAFARMACIA FARMAMARÍN (Rúa Francisco Landín Pazos, 4 Marín)

Punto de recollida en Farmacia Ramón González Pérez-Porriño (Ramón González, 68)

10 % de desconto en parafarmacia (agás nutrición infantil)

POLISPORT (Rúa Ramón González, 43 O Porriño)

15 % de desconto (agás outras promocións)

DEPORTES GONZÁLEZ (Avenida de Sanguiñeda, 149 Mos)

20 % de desconto (agás ofertas)

MERCERÍA TERE (Rúa Manuel Rodríguez, 2 O Porriño)

10% de desconto en todos os artigos para o alumno (agás outras promocións)

JOYERÍA LORENZO (Rúa Ramón González, 58 O Porriño)

10 % de desconto (agás en reparacións, outlet e Sargadelos)

JOYERÍA JOSÉ ANTONIO (Rúa Ramón González, 9 O Porriño)

10 % de desconto (agás reparacións, pilas e artigos en promoción)

JOYERÍA COVELO (Manuel Rodríguez, 16 O Porriño)

10 %  de desconto (agás reparacións e Tous)

FOTO PAKO (Rúa Ramiráns, 24 O Porriño)

10 % de desconto en fotocopias e revelados

10 % en fotos de carné do alumno

CHAROL SHOES (Rúa Manuel Rodríguez, 7 O Porriño)

15 % de desconto (excepto promocións e rebaixas)

ADN MODA JOVEN (Rúa Antonio Palacios, 46 O Porriño)

10 % de desconto en nova colección

CENTRO ESTÉTICA VIRGINIA VILAR (Avenida Buenos Aires, 3 baixo O Porriño)

15 % de desconto (agás outras promocións)

MIMATÉ SALUD NATURAL (Rúa Antonio Palacios, 36 baixo Porta 3 O Porriño)

10 % de desconto en cosmética natural

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo. 

 

SERVIZO TUPPER COMEDOR

Boas tardes,

Informamos que se abre a posibilidade de que non só os usuarios do comedor utilicen o servizo tupper, o resto das familias poderán tamén beneficiarse deste servizo, neste caso terán que recoller o menú directamente nas instalacións de Adrimial Food, poderán recollelo ata as 15.30.

Os prezos serán os mesmos que para os usuarios do comedor:

  • Socios da ANPA: 5€.
  • Non socios: 6€.
Saúdos,
ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

FORMULARIO DOMICILIACIÓN BANCARIA COMEDOR

Facilitamos no seguinte link o formulario para a domiciliación do pago do servizo de Comedor (que debe ser remitido á empresa proveedora de servizo).

FORMULARIO DOMICILIACIÓN BANCARIA COMEDOR

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

xoves, 10 de setembro de 2020

FORMULARIO DOMICILIACIÓN BANCARIA PLAN MADRUGA

Facilitamos no seguinte link o formulario para a domiciliación do pago do servizo do Plan Madruga (que debe ser remitido á empresa proveedora de servizo).

FORMULARIO DOMICILIACIÓN PM

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

mércores, 9 de setembro de 2020

PROTOCOLO COMUNICACIÓN E CUARTO ANPA

Neste enlace facilitamos a información relativa ó protocolo sanitario e normas a seguir respecto a comunicación coas falimilias e utilización do cuarto da ANPA durante o curso 2020/2021.

PROTOCOLO CUARTO ANPA

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

PROTOCOLO E DECLARACIÓN PLAN MADRUGA

 Nestes enlaces facilitamos a información relativa ó protocolo sanitario e normas a seguir no servizo do plan madruga durante o curso 2020/2021 así como a declaración de responsabilidade que se debe entregar á ANPA antes da utilización do servizo.

PROTOCOLO SANITARIO E NORMAS PLAN MADRUGA 2020/2021

DECLARACIÓN RESPONSABILIDADE

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

PROTOCOLO E DECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Nestes enlaces facilitamos a información relativa ó protocolo sanitario e normas a seguir no servizo do comedor durante o curso 2020/2021 así como a declaración de responsabilidade que se debe entregar á ANPA antes da utilización do servizo.

PROTOCOLO SANITARIO E NORMAS COMEDOR 2020/2021

DECLARACIÓN RESPONSABILIDADE

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

AVISO URXENTE PLAN MADRUGA E COMEDOR


Dende a ANPA informamos que os servicios de comedor e Plan madruga comezarán o luns día 14 de setembro.

Debido a crise orixinada pola COVID-19 e atendendo á normativa vixente para preservar a seguridade dos cativos e cativas usuarios de ambos servizos, cada un deles terá unha mesa asignada de uso exclusivo durante todo o curso.

Deste xeito rogamos a todas as familias que fagan a correspondente reserva de praza ata o día 11 de setembro mediante comunicación á ANPA a través do correo electrónico anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com ou no teléfono 620 160 857 (chamada ou Whatsapp) indicando os datos do alumno (nome, apelidos, curso), días de asistencia,  un teléfono de contacto e se pode ser, unha dirección de correo electrónico. Dita información é imprescindible para á organización de ambos servizos.

Así mesmo, os protocolos de ámbolos dous servizos están dispoñibles no blog da ANPA(anpamestrevalverdemayo.blogspot.com), ao cal se pode acceder desde o apartado ANPA da web do colexio

Antes de facer uso do plan madruga ou do comedor, os pais deberán remitir á ANPA por correo electrónico unha declaración responsable conforme o neno/a non utilizará o servizo con síntomas compatibles coa COVID-19 e conforme participan no comedor ou plan madruga  baixo a súa responsabilidade e despois de ler e comprender os protocolos e normas establecidos para a prevención da COVID 19. Esta declaración poderáse descargar dende o blog da ANPA. Unha vez descargado e firmado poderá depositarse no caixa de correo da ANPA ou ben envíalo por correo electrónico ou Whatsapp.

Lembramos que tamén é necesario avisar ás empresas proveedoras de ambos servizos (O RECREO ANIMACIÓN 604 062 268 e ADRIMIAL FOOD 986 330 546)

Aproveitamos para informar ás familias que todas as novidades respecto á ANPA estarán dispoñibles no blog da ANPA.

Una saúdo,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.


sábado, 5 de setembro de 2020

EXTRAESCOLARES, COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2020/21


Bo día,

Finalmente neste curso 2020/21 manteránse os servizos de comedor e plan madruga. As actividades extraescolares de momento quedan canceladas, xa que non podemos asegurar a viabilidade das mesmas dentro das restriccións que as autoridades impoñen para levalas a cabo, sen embargo se a situación cambia ó longo do curso estudiaráse a posibilidade de retomalas.

Desde a ANPA levamos varias semanas traballando para adecuar os servizos de comedor e plan madruga ós protocolos esixidos pola Xunta. A nosa intención é a de iniciar ambos servizos o 14 de Setembro, pero de momento aínda non o podemos confirmar. Unha das obrigacións ás que estamos sometidos é a de levar un rexistro de asistencia e a situación de cada nen@ dentro do comedor, por este motivo será necesario realizar unha solicitude previa para facer unha estimación do número de asistentes durante o curso a ambos servizos. No momento en que teñamos todas as autorizacións pertinentes ó día, procederemos á recepción de solicitudes e ó rexistro de usuarios nos servizos, estamos facendo todo o posible para que sexa canto antes. Chegado o momento, ademais de actualizar a información neste blog, será enviada unha notificación por TokApp, Abalar e a través dos distintos grupos de WhatsApp das aulas (agradecemos que nos axudedes á súa difusión por este medio), de modo que poida chegar rapidamente a todo o mundo e poidamos axilizar este trámite o máximo posible.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

XADREZ

Neste curso e debido á cancelación das actividades extraescolares, polo momento non podemos continuar coa actividade de Xadrez, polo que para os interesados en continuar con esta estimulante acitividade facilitamos información do Club de Xadrez de Mos (horario e protocolo sanitario).

Horario

Protocolo Sanitario

Como moitos xa sabedes o noso monitor, Brais Otero, forma parte de este club, se precisades máis información podedes contactar con el por teléfono ou a través do correo electrónico do club:

☏ 618 873 541

📧 clubxadrezmos@gmail.com

Saúdos,

CEIP Mestre Valverde Mayo

 

COTA ANPA ALUMNOS 1EP, 6EI, 5EI

Bo día,

Durante o curso pasado, debido ó confinamento, quedou un remanente do fondo procedente das cotas de Material.

Para os alumnos de primaria a cota de material recadada a principio de curso foi gastada por completo, e ó final do curso fíxose un reparto do material comprado e sobrante entre todos os alumnos da primaria. 

No caso da educación infantil, a recadación das cotas de material non fora empregada por completo (de aí que non se devolvera material a estes alumnos no final do curso). A parte deste fondo que corresponde a cada alumn@ é de 10€, por este motivo as familias dos alumnos que neste ano cursen 1º de EP, 6º de EI e 5º de EI  e que estiveran o ano pasado no colexio, teñen a cota da ANPA pagada xa que queda compensada con este fondo. 

Ante calquera dúbida ou cuestión relacionada ó respecto podedes poñervos en contacto con nós.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

martes, 14 de xullo de 2020

SAÚDOS

Queridas familias,

Pomos en marcha este blog para poder mantervos informados acerca de todas as novidades relacionadas coa nosa asociación.

Debido á situación actual provocada pola crise da Covid-19 este ano non nos foi posible levar a cabo a nosa actividade con normalidade, por esa mesma circunstancia tampouco podemos confirmar que servizos ofreceremos  no próximo curso 2020-2021 nin en que condicións os poderemos ofrecer. Segundo vaiamos tendo certeza iremos publicando neste mesmo blog toda a información.

Saúdos,
ANPA Ceip Mestre Valverde Mayo.

COTA ANPA

Prezadas familias,

O importe correspondente á cota da ANPA é de 20€/familia, pola contra,  no curso 2020-2021, debido á crise económica provocada pola Covid-19, o impacto que esta está a ter nas familias e a limitación dos servizos da ANPA neste curso o importe da cota terá un desconto do 50%, pasando a ser de 10€/familia.

Este pago poderá formalizarse así que comece o curso escolar.

Saúdos,
ANPA Mestre Valverde Mayo.




domingo, 12 de xullo de 2020

QUEN SOMOS

A ANPA é a asociación que conformamos as nais e pais dos alumnos do noso colexio. 

A directiva da ANPA está formada por un grupo de nais e pais que, de modo voluntario e sen ningún tipo de contraprestación, encargámonos de desenvolver todas as funcións da asociación como colaboradora da función educativa do colexio, naquelas actividades complementarias á labor dos docentes e dirección do mesmo.

A ANPA, como entidade, desenvolve unha labor de contacto e colaboración con distintas entidades educativas e gobernamentais, pondo a atención na existencia continua de melloras nas infraestructuras, dotacións económicas e funcionamento do CEIP Mestre Valverde Mayo, coa intención de que repercuta directamente no benestar de todos os alumnos, mestres e de toda a comunidade educativa en xeral.

Por todo isto, e para que cada ano se manteñan e melloren os servizos da ANPA, invitamos a todas as nais e pais a participar como membros da directiva, incorporándovos paulatinamente ó longo do ano, coñecendo así as labores que desenvolvemos e aportando  nas mesmas.

'A ANPA somos tod@s'

martes, 7 de xullo de 2020

PAGOS

Os pagos á ANPA únicamente poden facerse a través de transferencia bancaria.

É imprescindible poñer no concepto ou observacións da transferencia o nome completo do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (por exemplo: María Pérez 4EP Cota ANPA; Anxo Pérez 5EI Cota Material).

A conta para a realización das transferencias é a seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761

CONTACTO

Podedes contactar con nos a través do noso e-mail ou por teléfono móvil (preferentemente a través do WhatsApp):

✉ anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com
☎ 620 160 857

Intentaremos respondervos o antes posible, en 24-48h aprox. Por favor, tende en conta que a directiva da ANPA está formada por pais e nais voluntarios, que traballan e teñen responsabilidades que compaxinan da mellor maneira posibel coa xestión dos asuntos da ANPA. 

Moitas grazas pola vosa comprensión e paciencia.