domingo, 17 de decembro de 2023

Reclamación pola ausencia de coidador/a prometido para a nosa escola

Queridas familias,

Poñémonos en contacto con vos para solicitar a vosa colaboración. 

Dende a ANPA estamos coordinando a presentación dunha reclamación pola ausencia de coidador/a que tiñamos asignado dende inicio do curso para os cativos con necesidades especiais

Por causas alleas á escola e descoñecidas para nos, a pesar de termos aprobado este apoio dende outubro, o contrato co coidador/a non foi establecido cun prazo dabondo para poder dar soporte a estes nenos. Isto deixou sen cubrir as necesidades deste alumnos, limitando a promoción da súa autonomía e inclusión. Pero ademáis, tamén afectou de forma xeral aos alumnos de Educación Infantil, xa que o pasado 12 de decembro viron anulada a súa excursión dun día para outro por falta deste soporte. Isto a pesar de ter avisado a escola varias veces do feito da excursión e terse comprometido para enviar esta persoa a tempo.

Tras este incidente, os servizos educativos comprometéronse nunha nova data para enviar a este profesional á nosa escola, o 8 de xaneiro. Pero aínda así, dende a directiva da ANPA non queremos deixar pasar os feitos e consideramos qué é preciso deixar un rexistro do noso malestar. Por tanto, vimos de preparar un escrito que vos adxuntamos a continuación:

Descargar o escrito aquí.

Todas aquelas familias que se sintan afectadas ou queiran mostrar o seu apoio, poden pasar pola secretaría da escola durante este semana (do 18 ao 22 de decembro) para firmar o escrito

¡Moitas grazas polo voso apoio e colaboración!