mércores, 19 de outubro de 2022

NORMAS COMEDOR

HORARIO DE RECOLLIDA:

De 15:30 a 16:15h. É imprescindible respectar o horario de recollida e non acudir antes da hora xa que do contrario se interrope o servizo de catering e se entorpece a labor das monitoras durante a atención dos nenos.

No caso de que o a persoa habitual non poida acudir a recoller aos nenos monitoras só entregarán ao menor ás persoas autorizadas que estean identificadas no seu momento no formulario de inscrición ao comedor. Estas persoas deberán presentar o DNI para identificarse como tal. En caso contrario, as monitoras non están autorizadas a entregar ao menor a descoñecidos.

Os nenos se recollen na porta do comedor. Normas que se deben respectar á saída do comedor:

·    - Debe pecharse sempre o portal de acceso ao recinto escolar.

·    - Está prohibido que os familiares que recollen aos nenos accedan dentro do comedor.

·    - Tamén está prohibido que os nenos na saída do comedor se queden a xogar no patio ou en calquera punto dentro do recinto escolar.

AUSENCIAS

Se un usuario que utiliza o servizo de xeito regular vai ter unha ausencia puntual por calquera motivo, terá que avisar á empresa do comedor, sempre en días anteriores ou no mesmo día antes das 9:30 da mañá, para anular o servizo e que non lle pasen o cargo. A maiores terá que avisar mediante unha 'nota escrita' á escola no caso de que o neno acuda ao colexio pero non se vaia a quedar no comedor, xa que o seu titor/a terá que estar enterado.

CAMBIOS, ALTAS E BAIXAS

No caso de un usuario novo que queira darse de alta no servizo do comedor, xa sexa de forma puntual por unha emerxencia ou de xeito continuado, terá que poñerse en contacto coa ANPA, xa que son eles os que realizan a xestión do comedor e das súas prazas. Do mesmo xeito, en caso de darse de baixa do servizo, deberá contactarse coa ANPA.

En caso de querer realizar algún cambio nas condicións do servizo (cambiar os días de uso, cambiar o día de inicio do servizo, cambio a menú especial, etc.) é preciso contactar coa ANPA para solicitar o cambio. 

 

O teléfono para comunicar coa empresa é o seguinte: 

ADRIMIAL FOOD 986 330 546