domingo, 28 de febreiro de 2021

AVISO USUARIOS PLAN MADRUGA

Estimadas familias,

Debido á crise da Covid 19 e aos protocolos establecidos polo colexio e a Xunta de Galicia, durante este curso o servizo de Plan Madruga ten que contar con dúas monitoras, o que incrementa considerablemente o custo deste servizo.

Ata o mes de decembro o concello custeou esta segunda monitora, grazas a unha subvención que recibiron. Desde xaneiro xa non contan con dita subvención, polo que neste momento están a colaborar aportando 200€. Desde a ANPA solicitouse á Concellería de Educación unha aportación maior, pero confirmáronnos que non é posible.

Por este motivo, a ANPA vese na obriga de modificar o horario e tarifas actuais do Plan Madruga, con vixencia desde o 01 de marzo.

O novo horario será de 08:00 a 09:15 e as tarifas serán as seguintes:

Usuarios mes completo: 40€

Usuarios medio mes: 30€ 

Usuarios días soltos: 4,50€

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

luns, 1 de febreiro de 2021

PROGRAMA EDUCAENLIÑA (ANIAS)

Estimadas familias,


Achegamos información do PROGRAMA EDUCAENLIÑA da empresa 'Anias Formación e Xestión Sociocultural'. Trátase dunha serie de actividades extraescolares en liña que se presentan como alternativa ás presenciais e que permiten que @s nen@s poidan seguir formándose, aprendendo e divertíndose desde casa. 


EDUCAENLIÑA

 

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.