sábado, 27 de xaneiro de 2024
Aviso sobre incidentes no comedor
venres, 26 de xaneiro de 2024
Charlas ESPAZO SEN XULGAR
Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.
O próximo mes de febreiro terá lugar unha charla moi interesante sobre «CIBERACOSO».
Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.
Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.
luns, 22 de xaneiro de 2024
INSCRICIÓN ENTROIDO 2024
Bos días,
Xa queda aberto o prazo de inscrición para participar na comparsa que a ANPA presentará no desfile de Mos (o Domingo11 de febreiro pola tarde).
Os disfraces serán os que fagan os nenos/as en cada aula, no colexio, e os maiores copiarános (cada persoa debe obter a información para poder confeccionar o disfraz na casa).
Podense apuntar familiares e amigos, é una sola inscripción por familia, apuntando os nenos e especificando o final do documento, o número total de persoas que asistirán.
Hai de prazo para anotarse ata o venres 26 de xaneiro ás 12.00 horas.
Unha vez finalizado o prazo enviaremos un comunicado para indicar unha reunión previa para a organización do desfile.
martes, 16 de xaneiro de 2024
COMISIÓN DE ENTROIDO
Queridas familias,
Dende a ANPA comunicámosvos que este ano queremos participar no desfile de comparsas do entroido de Mos (11 de febreiro as 17:30h). A nosa intención non é facer unha carroza... só queremos saír cos nosos fillos a desfilar e pasalo ben, sen traballar moito. Os nenos levarían o disfrace da escola, que os adultos copiaríamos.
Este venres ás 20h reunirémonos no comedor para tratar o tema. Quen estea interesado en formar parte da 'COMISIÓN DE ENTROIDO' para aportar ideas e botar unha man, que acuda.
A semana que vén enviaremos un formulario para que todos os que
queiran inscribirse o poidan facer.
Animámosvos a todos a apuntarvos!!!
luns, 8 de xaneiro de 2024
Charlas ESPAZO SEN XULGAR
Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que
o ANPA está a colaborar.
Este mes tocaralle a quenda de anfitrión ao CEIP Santa Maria
de Cabral, e terá lugar unha charla moi interesante sobre os cambios na
adolescencia e como axudar aos nosos fillos neste proceso.
Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou
ben no correo ou teléfono que figura no cartel.
Animámosvos a todos a apuntarvos!!!