mércores, 22 de setembro de 2021

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 21/22

 Ola familias!

Este ano, e dado o escenario actual, continúan as restriccións pola COVID-19, pero gracias ao esforzo dos proveedores e á boa disposición da Dirección do colexio, logramos poñer a disposición de todas as familias unha gran variedade de actividades extraescolares.

O prazo para as inscricións comezará hoxe, día 22 ata o 28 de setembro.

As solicitudes de inscrición faranse a través do formulario adxunto, depositándoo cuberto na caixa de correo da ANPA, ou ben enviándoo por correo electrónico ou Whatsapp, a excepción da actividade de Piscina, que debe ser feita a través do correspondente formulario emitido polo concello e que, unha vez cumplimentado debe entregarse nas instalación da piscina de Mos.

A prioridade fixarase en función da orde de inscrición.

Esperamos comunicarvos qué actividades se poderán realizar o 29 de setembro, nunha lista provisional de alumnos por extraescolar e definitiva o 1 de Octubre.

Máis abaixo podedes atopar as actividades extraescolares dispoñibles con toda a información, así mesmo, achegámosvos un resumo nun cadro cos horarios.

A maiores realizarase a actividade de piscina os martes de 16:30 a 17:15 h, como xa informamos anteriormente. A actividade terá lugar no pavillón Óscar Pereiro e a inscrición farase directamente alí.

A cota establecida para as actividades extraescolares no curso 2021-22 de 55 min. semanales é de 15€ para os socios da ANPA e 17€ para os non socios (sen material) (excepto robótica que serán 20€ para os socios e 22€ para os non socios). Balonmán, baloncesto e fútbol sala son de balde.

Antes de acudir ás actividades, os pais deberán remitir á ANPA unha declaración responsable conforme o neno/a non acudirá ás actividades con síntomas compatibles coa COVID-19. Esta declaración poderase descargar desde o blog da ANPA. Una vez descargada e firmada poderá depositarse na caixa de correo da ANPA, enviala por correo electrónico o Whatsapp. 

Igual que nos anos anteriores, o colexio pídenos que, durante o transcurso de cada unha das actividades, un pai ou nai permaneza no centro facéndose cargo da mesma. A presenza deste/a nai/pai requírese para:

  • Verificar que a actividade transcorre con normalidade

  • Colaborar co monitor ante posibles urxencias (polo que debe estar localizable por este).

  • Verificar que todas/os as/os nenas/os son recollidos pola súa familia.

  • Cando a actividade o requira, abrir e pechar o pabellón.

Ante calquera anomalía, urxencia, nena/o sen recoller, etc. a/o nai/pai responsable deberá, en primeira instancia, informar ó mestre de garda, para que este tome as medidas oportunas segundo o caso e, en segunda instancia, informar tamén a directiva da ANPA.

Ao cerrar as listas faremos un cuadrante indicando que día lle toca a cada un. En ningún caso se realizarán as actividades sen dita asistencia.

As actividades darán comezo o vindeiro luns 4 de outubro.

EXTRAESCOLARES 21/22

FOLLA DE INSCRICIÓN

DECLARACIÓN RESPONSABLE 

FOLLA INSCRICIÓN BALONCESTO-BALONMANO-FÚTBOL SALA 

PROTOCOLO EXTRAESCOLARES 21/22 


mércores, 15 de setembro de 2021

CANCELACIÓNS OU MODIFICACIÓNS USUARIOS DE COMEDOR

 Se un usuario que utiliza o servizo de xeito regular non vai facer uso do comedor un dos días habituais deberá avisar á empresa en días anteriores ou no propio día, sempre que sexa antes das 09.30 da mañá. Pero ademais debe comunicalo ao centro: o alumno deberá traer apuntado na axenda ou nun papel que ese día non acudirá ao comedor para avisar á titora. Se non é posible (por despiste ou por cancelación de última hora) debe chamar ao centro. Se o alumno non acude ao centro non é preciso que avise.

No caso de que o usuario necesite facer uso do comedor un día dos que non acostuma debe, en primeiro lugar, comunicarse coa ANPA para que lle asigne unha praza se houbera ocos libres ese día. Unha vez que lle confirmaran a praza deberá informar á Adrimial. O teléfono para comunicar coa empresa é o seguinte:

 

ADRIMIAL FOOD: 986 330 546

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

 Pola presente convócase a todos os socios e socias da ANPA do CEIP Mestre Valverde Mayo a Asamblea Xeral que se celebrará o vindeiro venres  1 de outubro no comedor do centro ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria ca seguinte orde do día:

1.-Lectura e aprobación da acta anterior

2.-Presentación e aprobación de contas do curso 2020/2021

3.-Presentación e aprobación do orzamento do curso 2021/2022

4.-Renovación Xunta Drectiva

6.-Rogos e preguntas

Co fin de garantir as medidas de seguridade e cumprir os protocolos COVID, todos os asistentes deben rexistrar a súa asistencia á reunión enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 620 160 857 indicando: REUNIÓN ANPA seguido de nome, apelidos, DNI e curso ao que pertencen os seus fill@s antes do día 29 de setembro para facilitar a organización do espazo e o control de aforo. Poderá asistir só un membro de cada unidade familiar. 

Grazas de antemán pola vosa colaboración. 

Saúdos,

A Directiva da ANPA 

luns, 13 de setembro de 2021

COMEZO DA ACTIVIDADE DE NATACIÓN

 

Desde o concello infórmannos de que a partir do 1 de outubro, comezará a desenvolverse a actividade de natación, coma en anos anteriores. Será os martes de 16:30 a a 17:15.
Este ano a inscrición farase directamente no Pabellón Óscar Pereiro a partir do día 15 de setembro.
As prazas son limitadas.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

domingo, 12 de setembro de 2021

PROTOCOLOS PLAN MADRUGA E COMEDOR CURSO 21/22

Neste enlace facilitamos á información relacionada aos protocolos e as normas a seguir do comedor e Plan Madruga neste curso 2021/2022.

PROTOCOLO COMEDOR CURSO 21/22 

PROTOCOLO PLAN MADRUGA CURSO 21/22

xoves, 9 de setembro de 2021

AVISO TARIFAS PLAN MADRUGA

Informamos de que finalmente durante, a lo menos este mes de setembro, non se verán modificadas as tarifas da Aula Madruga, que son as seguintes:

-Usuarios mes completo: 40€
-Usuarios medio mes: 30€
-Usuarios días soltos: 4,50€

Desde a ANPA estamos traballando para encontrar a maneira de poder manter estes prezos ou incluso melloralos.

Avisaremos en canto teñamos novidades ao respecto.

Saúdos,

martes, 7 de setembro de 2021

NOVAS TARIFAS PLAN MADRUGA CURSO 21/22

 Debido á crise da Covid 19 e aos protocolos establecidos polo colexio e a Xunta de Galicia, durante este curso o servizo de Plan Madruga ten que seguir contando con dúas monitoras, o que incrementa considerablemente o custo deste servizo.

O curso pasado o concello subvencionou parte deste servizo pero este ano, en principio non contaremos con dita axuda.

Por este motivo, a ANPA vese na obriga de modificar as tarifas actuais do Plan Madruga, que serán as seguintes.

Usuarios mes completo: 45 €

Usuarios medio mes: 33 € 

Usuarios días soltos: 4,50 €

Estas tarifas poden estar suxeitas a modificacións, pois si se producen baixas de usuarios, a ANPA terá que volver incrementalas, previa comunicación ás familias.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

luns, 6 de setembro de 2021

AVISO PLAN MADRUGA

Debido á entrada escalonada no primeiro día de colexio, o xoves día 9 non haberá servizo de Plan Madruga. Polo tanto, este servizo dará comezo o venres día 10 de setembro en horario de 8 a 9:15 h.

Lembramos que o servizo de comedor sí comezará o xoves día 9.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

venres, 3 de setembro de 2021

COTAS ANPA E MATERIAL CURSO 21/22

 

Queridas familias,

Este curso a cota da ANPA é de 20€ por familia (inclúe a todos os membros da mesma).

Respecto á cota de material, neste curso tan só será xestionado polo colexio e a ANPA o material de educación infantil, sendo o custo o seguinte:

  • Socios ANPA: 40€/alumn@
  • Non Socios: 45€/alumn@

A xestión deste material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.  

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as necesidades de cada momento.

Agradecemos que o pago da cota de material se realice xunto co da cota da ANPA, para que os pagos poidan verificarse de xeito adecuado.

O prazo para realizar o pago da cota da ANPA e a cota de material é ata o 30 de setembro.

Os pagos á ANPA faránse a través de transferencia bancaria.

É importante por no concepto ou observacións da transferencia o nome completo do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.e.: María Pérez 4EP Cota ANPA).

 

A conta para transferencias é a seguinte:

 

ES59 2080 5452 6430 4012 0761

Ante calquera outra cuestión ou suxerencia non dubidedes en porvos en contacto con nós a través do teléfono 620 160 857 ou do e-mail anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com.

Grazas pola vosa colaboración,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.