domingo, 25 de xuño de 2023

ENQUISA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-23

 Queridas familias,

Un ano máis, queremos contar coa vosa valoración das actividades extraescolares que xestionamos na ANPA, tanto das propias da ANPA como das que organiza o Concello. Moitas grazas por cubrir a enquisa que atoparedes na seguinte ligazón antes do próximo 30 de Xuño.

Accede á enquisa aqui

Agradecémosvos moito a vosa colaboración.

domingo, 18 de xuño de 2023

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS NA ANPA E PAGO DA COTA PARA O CURSO 2023-2024

Queridas familias,

Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 20 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2023. Non se aceptarán inscricións nin pagos fora dese prazo.

Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións.


COTA DA ANPA

20 euros/ familia (independentemente do número de fillos/as escolarizados).


NOVOS SOCIOS

Os socios novos, que se asocien por primeira vez, terán ademáis que cubrir un formulario cos seus datos, dispoñible na seguinte ligazón:

Fai click aquí


COTA DE MATERIAL PARA ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aproveitamos para recordar, como todos os anos, que existe a posibilidade de que a adquisición do material escolar esixido para os alumnos de Educación Infantil (4 EI, 5 EI e 6 EI, e dicir, nenos/as de 3, 4 e 5 anos) sexa xestionado pola ANPA. Desta forma, o persoal docente será o encargado de entregarlle a cada alumno/a o material necesario ao longo de todo o curso escolar.

Para elo, cada familia deberá ingresar na conta da ANPA o cota de material correspondente. Para o curso 2023/24, a cota de material será a seguinte:

- Socios da ANPA: 50 euros/alumno

- Non asociados ANPA: 55 euros/alumno

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material e non facelo a través da ANPA, debe poñerse en contacto coa escola e coa ANPA antes do inicio do curso. Lembramos que, de facelo así, será responsabilidade da propia familia ir mercando o material necesario durante o transcurso segundo as indicacións da titora en cada momento. De optar por esta vía, debe comunicarse o antes posible xa que dende o primeiro día, os rapaces xa estarán utilizando o material mercado de forma global con estas cotas.


FORMA DE PAGO

Os pagos da cota da ANPA ou do material unicamente poden facerse a través dunha transferencia bancaria.

É imprescindible por no concepto ou observacións da transferencia o nome e apelidos do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.e.: María Pérez 4EP Cota ANPA, Xan López 6EI Cota Material).

A conta para realizar a transferencia é a seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761


POR QUE É IMPORTANTE SER SOCIO DA ANPA

Para aquelas familias novas na escola, así como para calquera outra para a que poida ser de interese, recordamos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  • Xestionar a compra conxunta do material escolar para os rapaces de infantil.
  • Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  • Xestionar as actividades extraescolares.
  • Subvencionar as excursións realizadas pola escola.
  • Colaborar coa organización das festas máis importantes da escola (Magosto, Samain, Nadal, Entroido, Fin de Curso, entre outras), financiando actividades lúdicas ou a merenda en algún casos.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais de Mos e O Porriño para que ós nosos socios se beneficien de descontos especiais grazas ao carné do ANPA.
  • Colaborar, cando sexa preciso, na adquisición de materiais para a escola (por ex. mobiliario para o comedor, xoguetes, adornos para as festas, etc.).
  • Preparación e xestión de subvencións que axudan a cofinanciar algúns servizos, como é o caso do comedor.
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración tanto coa dirección do centro como con distintas entidades educativas e gobernamentais (co concello, con asociacións, con outras ANPAS, etc.) co fin de conseguir melloras nas infraestruturas, maiores dotacións económicas e melloras no funcionamento da nosa escola.
  • Administración e xestión das contas e obrigas financeiras da ANPA, constituída como asociación. Xestión do blog da ANPA e dos protocolos que afectan ao funcionamento da mesma. Organización de asembleas e reunións informativas, redacción de comunicados e noticias. Representación no Consello Escolar. 

INSCRICIÓN NA AULA MADRUGA 2023-2024

Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Plan Madruga do vindeiro curso 2023/24. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 20 de xuño de 2023 e remata o 30 de xuño de 2023. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.

No caso de alumnos que precisen facer uso do Plan Madruga de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán poñerse en contacto coa ANPA cando necesiten o servizo para tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días de antelación. Se non, non podemos asegurar dar resposta á tempo.


HORARIOS

O servizo de madrugadores se inicia ás 07:30 e remata ás 09:00. A monitora do madruga encargase de levar aos nenos á súa aula unha vez comezadas as clases ás 09:15h. Non se poden levar nenos/as entre as 09:00 e as 09:15h xa que é o momento de chegada das familias e alumnos que entran na escola.

O servizo de Aula Madruga non inclúe o almorzo. Non se servirá ningún tipo de comida aos rapaces.


INFORMACIÓN DO SERVIZO

A empresa que subministra o servizo do plan madruga é O Recreo. No curso anterior, contabamos cunha tarifa fixa para unha monitora, un total de 498€/mes. Segundo o número de inscricións, se analizará a necesidade de incorporar outra monitora e, por tanto, o custo incrementarase. Se houbese algunha variación no custe do servizo, a ANPA poñeríase en contacto cos alumnos a través do blog.

O pago dos servizos faise a mes vencido de forma “solidaria” entre todos os asistentes, prorrateando a tarifa fixa entre o número total de días que asistiron todos os usuario ese mes, independentemente do horario de entrada. Así, é posible que cada mes o custo sexa diferente, xa que depende do número total de asistentes e do global de días asistidos por cada usuario en cada mes. Cantos máis usuarios asistan e máis días vaian, máis económico sairá o servizo de madrugadores a cada familia. A empresa O Recreo é a responsable de trasladar os cargos a pagar por cada familia. A continuación poñemos un exemplo disto para que se entenda mellor:

-       Consideremos un mes con 20 días laborables/escolares.

-       Ese mes van 15 rapaces tódolos días ao Aula Madruga (un servizo equivale á asistencia dun neno/a ao Plan Madruga un día; se van 2 días serían 2 servizos; se van toda a semana serán 5 servizos).

15 rapaces x 20 servizos/rapaz = 300 servizos en total fixeronse ese mes.

-       A tarifa fixa son 498€/mes.

-       Polo tanto, nese caso 498€/mes ÷ 300 servizos = 1,66€/servizo (custo unitario do servizo ese mes).

-       Se o meu fillo/a asistiu 20 días ese mes, é dicir, fixo 20 servizos:

20 servizos × 1,66 €/servizo  = 33,20€ será a miña tarifa ese mes.


LIGAZÓN PARA A INSCRICIÓN NO AULA MADRUGA

Para acceder ao formulario é preciso clikar aquí:

 Fai click aquí

É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a inscribir. Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo. Non se aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir, non se aceptan formularios por escrito ou por email.

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2023-2024

Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2023/24. Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 20 de xuño de 2023 e remata o 30 de xuño de 2023. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.

Aínda que este ano non houbo os problemas de número de prazas dispoñibles doutros anos, si que é certo que houbo xornadas que tivemos o comedor completo. Polo tanto, imos seguir coas mesmas directrices de reparto de prazas que se dispuxeron o curso anterior e que se explican a continuación.

Os alumnos que, no momento da reserva de praza, sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no vindeiro curso 2023/24, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para disfrutala como máximo nas mesmas condicións (é dicir, solicita como máximo os mesmos días que tiñan reservados no curso 2022/23). Aínda así, estes alumnos deben facer igualmente a reserva a través do formulario online para que podamos contabilizalos como usuarios para o vindeiro curso. No caso de que algún de estes usuarios queira unha ampliación nos días de uso e existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, serán considerados como usuarios novos segundo os criterios de admisión.

Se nalgún momento, algún alumno por calquera motivo decidise finalmente non acudir ao comedor e renunciar á súa reserva, debe notificalo expresamente á ANPA á maior brevidade posible para que outro alumno poida dispoñer da súa praza. En caso de non notificalo con tempo e dar comezado o servizo, ese alumno terá que abonar o custo dos menús reservados aínda que non consumidos.

No caso de alumnos que precisen usar o comedor de forma esporádica en días soltos, deberán poñerse en contacto coa ANPA cando sexa preciso o servizo para ver a dispoñibilidade de prazas e tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días de antelación.

A asignación definitiva de prazas notificarase de forma individual a cada alumno en setembro, antes do comezo do curso escolar. En caso de non haber problema de prazas, farase unha notificación colectiva e pública a través do blog da ANPA.

MOI IMPORTANTE: O envío do formulario de reserva de praza NON supón a asignación directa nin asegura a dispoñibilidade de praza para o alumno. A confirmación de asignación de praza será comunicada por parte da ANPA en setembro, antes do comezo do curso escolar. Os alumnos que non teñan praza dispoñible, serán integrados na lista de espera por orden de solicitude. Ademais, recordade que todos os usuarios do comedor deben ser socios da ANPA e estar ao día do pago da cota da ANPA do curso correspondente para poder beneficiarse do prezo reducido do menú (prazo máximo de pago da cota da ANPA antes de finais de setembro 2023).


CRITERIOS DE ADMISIÓN PARA USUARIOS NOVOS DO COMEDOR

Cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, a admisión dos usuarios realizarase segundo a seguinte orde de preferencia:

1.       A solicitude de reserva de praza para o comedor para o vindeiro curso foi enviada dentro do prazo temporal asignado.

2.       A familia do alumno solicitante debe ser socia da ANPA e estar ao día dos pagos da cota da ANPA para que a solicitude de reserva sexa valida. Isto implica que deberá satisfacer o pago da cota da ANPA do curso 2023/24 antes de final de setembro de 2023.

3.       O alumno solicitante foi usuario do comedor escolar no curso anterior e solicita, como máximo, os mesmos días dos que era usuario do comedor no curso anterior.

4.       O alumno solicitante ten irmán/s usuario/s do servizo de comedor durante este mesmo curso.

5.       O alumno solicitante estivo en lista de espera para o comedor no curso anterior.

6.       O alumno solicitante require unha praza de servizo continuo de 5 días (de luns a venres) de forma fixa tódalas semanas (non de forma alterna). Estes usuarios, denominados usuarios continuos, terán prioridade fronte os descontinuos. Para os alumnos solicitantes de prazas descontinuas, a prioridade establecerase en función do numero de días solicitados, de maior a menor.

7.       O alumno solicitante é usuario ademais do servizo de madrugadores.

A orde de admisión decidirse aplicando con carácter sucesivo os anteriores criterios e, se fose necesario desempatar, empregarase a orde de recepción de solicitudes (fixándonos na data e hora na que se recibiu a preinscrición). A finalidade ultima é asignar o maior número de prazas de comedor aos usuarios solicitantes para facer o uso mais optimizado posible do comedor. 

 

INFORMACIÓN DO SERVIZO

O servizo de comedor se ofrecerá de 14:15 a 16:15, pola empresa AdrimialFood S.L. O horario de recollida dos alumnos empeza ás 15:30 e remata ás 16:15. Non se pode recoller aos nenos antes nin despois desa franxa horaria.

Prezo do menú normal durante o curso pasado:

o   Socios: 4,50€.

o   Non socios: 5,50€.

Prezo dos menús especiais (celíacos, dieta branda, sen lactosa, etc.) durante o curso pasado:

o   Socios: 4,50€.

o   Non socios: 5,50€.

Estes prezos son indicativos, correspóndense cos prezos do curso pasado. O prezo depende, entre outras cousas, do número de alumnos inscritos no comedor e do ratio Infantil vs. Primaria. O prezo será confirmado polo servizo do comedor en setembro. En caso de haber algún cambio, a ANPA o comunicará polas canles habituais.

A empresa que realiza o servizo de comedor se porá en contacto con vos para tramitar o pago do servizo. Tralo envío do formulario online de inscrición, a ANPA facilitarálles os vosos datos de contacto e os datos da reserva facilitados neste formulario (nome, teléfono, email, nome do alumno, curso académico que fai o alumno, días da reserva). É posible que isto teña lugar unha vez comezado o curso escolar e non antes.

 

NORMAS DO COMEDOR

Están publicadas na seguinte ligazón:

https://anpamestrevalverdemayo.blogspot.com/2023/09/novas-normas-para-o-comedor-2023-2024.html 

 

LIGAZÓN PARA A PREINSCRICIÓN NO COMEDOR

Para acceder ao formulario é preciso clikar aquí:

 Fai click aquí

É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a preinscribir. Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo. Non se aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir, non se aceptan formularios por escrito ou por email.