martes, 6 de xullo de 2021

COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2021/2022

 

Debido a crise orixinada pola COVID-19 e atendendo á normativa vixente para preservar a seguridade dos cativos e cativas usuarios de ambos servizos, coma no curso pasado, cada un deles terá unha mesa asignada de uso exclusivo durante todo o curso.

Deste xeito rogamos a todas as familias que fagan a correspondente reserva de praza desde o 16 ata o 30 de agosto mediante comunicación á ANPA a través do teléfono 620 160 857 (chamada ou Whatsapp) indicando os datos do alumno (nome, apelidos, curso), días de asistencia,  un teléfono de contacto e se pode ser, unha dirección de correo electrónico. Dita información é imprescindible para á organización de ambos servizos.

En canto a praza sexa confirmada por parte da ANPA, as familias deberán avisar ás empresas proveedoras de ambos servizos (O RECREO ANIMACIÓN 604 062 268 e ADRIMIAL FOOD 986 330 546). As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

Así mesmo, os protocolos de ámbolos dous servizos estarán dispoñibles no blog da ANPA (anpamestrevalverdemayo.blogspot.com), ao cal se pode acceder desde o apartado ANPA da web do colexio.

Antes de facer uso do plan madruga ou do comedor, os pais deberán remitir á ANPA por correo electrónico unha declaración responsable conforme o neno/a non utilizará o servizo con síntomas compatibles coa COVID-19 e conforme participan no comedor ou plan madruga  baixo a súa responsabilidade e despois de ler e comprender os protocolos e normas establecidos para a prevención da COVID 19. Esta declaración poderase descargar dende o blog da ANPA. Unha vez descargada e firmada poderá depositarse na caixa de correo da ANPA ou ben enviala por correo electrónico ou Whatsapp.

Aproveitamos para informar ás familias que todas as novidades respecto á ANPA estarán dispoñibles no blog da ANPA.

Un saúdo,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.