venres, 4 de novembro de 2022

NOVA TARIFA NO MADRUGA

Bos días, quereriamos comentar que debido ao alto número de usuarios da aula madruga imos ter que meter outra monitora máis, no mes de outubro hai días que se chegou aos 34 nenos. A continuación se expoñen os prezos que se cobraron estos meses e unha estimación do mes de outubro cunha monitora máis.

SETEMBRO = 1,66 €/DÍA OUTUBRO = 1,10 €/DÍA OUTUBRO (SE HOUBESE DÚAS MONITORAS) = 1,89 €/DÍA

mércores, 19 de outubro de 2022

NORMAS COMEDOR

HORARIO DE RECOLLIDA:

De 15:30 a 16:15h. É imprescindible respectar o horario de recollida e non acudir antes da hora xa que do contrario se interrope o servizo de catering e se entorpece a labor das monitoras durante a atención dos nenos.

No caso de que o a persoa habitual non poida acudir a recoller aos nenos monitoras só entregarán ao menor ás persoas autorizadas que estean identificadas no seu momento no formulario de inscrición ao comedor. Estas persoas deberán presentar o DNI para identificarse como tal. En caso contrario, as monitoras non están autorizadas a entregar ao menor a descoñecidos.

Os nenos se recollen na porta do comedor. Normas que se deben respectar á saída do comedor:

·    - Debe pecharse sempre o portal de acceso ao recinto escolar.

·    - Está prohibido que os familiares que recollen aos nenos accedan dentro do comedor.

·    - Tamén está prohibido que os nenos na saída do comedor se queden a xogar no patio ou en calquera punto dentro do recinto escolar.

AUSENCIAS

Se un usuario que utiliza o servizo de xeito regular vai ter unha ausencia puntual por calquera motivo, terá que avisar á empresa do comedor, sempre en días anteriores ou no mesmo día antes das 9:30 da mañá, para anular o servizo e que non lle pasen o cargo. A maiores terá que avisar mediante unha 'nota escrita' á escola no caso de que o neno acuda ao colexio pero non se vaia a quedar no comedor, xa que o seu titor/a terá que estar enterado.

CAMBIOS, ALTAS E BAIXAS

No caso de un usuario novo que queira darse de alta no servizo do comedor, xa sexa de forma puntual por unha emerxencia ou de xeito continuado, terá que poñerse en contacto coa ANPA, xa que son eles os que realizan a xestión do comedor e das súas prazas. Do mesmo xeito, en caso de darse de baixa do servizo, deberá contactarse coa ANPA.

En caso de querer realizar algún cambio nas condicións do servizo (cambiar os días de uso, cambiar o día de inicio do servizo, cambio a menú especial, etc.) é preciso contactar coa ANPA para solicitar o cambio. 

 

O teléfono para comunicar coa empresa é o seguinte: 

ADRIMIAL FOOD 986 330 546


luns, 26 de setembro de 2022

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E USO DO SERVIZO DE COMEDOR 2022/2023

Bo día,

Achegamos información para as familias das axudas de comedor e material escolar do concello de Mos. O prazo abre MAÑÁ MARTES 27 e finaliza o VENRES 14 DE OUTUBRO.

Para máis información, as familias poden contactar no 986 339 404 ou no mail educa@concellomos.es

As solicitudes as poden obter no seguinte enlace: SOLICITUDE. Calquera dubida estamos a vosa disposición.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS AXUDAS 2022-2023







 


Obradoiros de Intelixencia Emocional para o alumnado de primaria

 


Cada día os nenos e nenas enfróntanse a novos retos a nivel social, emocional e intelectual. A través do adestramento en Intelixencia Emocional, podemos axudarlles a adquirir ferramentas para afrontar estas situacións da forma máis construtiva para eles, favorecendo a súa autonomía, resiliencia, crecemento persoal, autocoidado, habilidades sociais…

 Con este taller os nenos aprenderán de forma divertida e práctica estratexias emocionais e sociais.


FORMULARIO DE INSCRICIÓN


xoves, 1 de setembro de 2022

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22/23

 

Bos días,

Desde o ANPA queremos comentarvos como está o tema das extraescolares. A día de hoxe temos as que se realizan a través da empresa ANIAS (a mesma que o curso pasado), pero as do concello aínda están no aire. Entendemos que non vai haber moitos cambios con respecto ao curso anterior; saberémolo seguro a semana que vén xa que nos convocarán a unha reunión para tratar o tema.

Non imos abrir as inscricións ata que non teñamos claras todas as actividades. De todos os xeitos, como xa nos solicitastes información, avanzámosvos un horario provisional para que poidades ir organizando o curso.


Comentar que a actividade de patinaxe pásase a dar no pavillón Óscar Pereiro. Para quen o necesite haberá un autobús que levará aos nenos desde o colexio (sairá ás 15:40). Os que asistan ao comedor serán recolleitos por unha das monitoras que irán no autobús. Ao finalizar a actividade serán os pais os encargados de ir buscalos. Non fai falta dicir que na devandita actividade, ao non realizala no centro, non é necesario que quede ningún pai de garda.
Desculpar as molestias.

















luns, 29 de agosto de 2022

INSCRICIÓN AULA MADRUGA 2022-2023

Bos días,


Este ano tamén teremos servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00. O servizo vaino dar a empresa “O Recreo” e custará 498€/mes (cunha soa monitora).


Este ano facturarase de forma diferente. A continuación veredes un exemplo para que se entenda, pois é algo complexo.


Aula madruga neno 1 =    20 días

Aula madruga neno 2 =    5 días      +

Aula madruga neno 3 =    16 días

                                          ---------

                                          41 días


Entón dividiríase o numero de días total polo importe que cobra ao mes a empresa,


498 € / 41  =  X €


e cada neno pasaría a pagar:


A pagar neno 1  =  X x 20

A pagar neno 2  =  X x 5

A pagar neno 3  =  X x 16


Desta forma sempre se pagaría o mínimo, sen levar a empresa mais ganancias que o que lle conleva p prezo do servizo. Cobrarase a mes vencido e non todos os meses o mesmo importe, dependerá da cantidades de nenos que asistisen.


Para facer a inscripción, podedes acceder ó enlace inferior.






mércores, 10 de agosto de 2022

REUNIÓN COMEDOR 2022/2023

Ao recibir mais demandas para o servizo de comedor que prazas hai, decidimos convocar o luns 29 de agosto ás 20h unha reunión. Será no comedor do colexio e trataranse os seguintes puntos:


1) Problemática por exceso de demanda do servizo.


2) Posible solución poñendo outra quenda. Iso conleva outra monitora, aumento do prezo do servizo e cambio no horario de recollida.


3) Votación.



xoves, 23 de xuño de 2022

INSCRICIÓN SOCIOS ANPA 2022-2023

Informámosvos que o proceso de alta de familias socias da ANPA iniciarase o 23 de xuño e finalizará o 30 de setembro. O formulario estará á vosa disposición no blogue a partires desa data e a cuota non variará (20 euros/familia).
Este proceso será tanto para novas familias como para socias do ano pasado, xa que as cuotas non están domiciliadas.
Recordade que os socios da ANPA disfrutarán de descontos nas tarifas de plan madruga, comedor e actividades extraescolares, subvención dunha porcentaxe en todas as excursións realizadas durante o curso, descontos en establecementos adheridos (amosando o correspondente carné de socio), cuota de material para os cursos de Educación Infantil (os pais farán un único pago anual de 40 € e serán os mestres os que lles vaian proporcionando o material que precisen durante o curso), etc.

INSCRICIÓN SOCIOS ANPA

venres, 17 de xuño de 2022

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2022-2023

Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2022/23. Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Os alumnos que, no momento da reserva de praza, sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no vindeiro curso 2022/23, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para disfrutala como máximo nas mesmas condicións (é dicir, solicita como máximo os mesmos días que tiñan reservados no curso 2021/22). Aínda así, estes alumnos deben facer igualmente a reserva a través do formulario online para que podamos contabilizalos como usuarios para o vindeiro curso. No caso de que algún de estes usuarios queira unha ampliación nos días de uso e existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, serán considerados como usuarios novos segundo os criterios de admisión.

Se nalgún momento, algún alumno por calquera motivo decidise finalmente non acudir ao comedor e renunciar á súa reserva, debe notificalo expresamente á ANPA á maior brevidade posible para que outro alumno poida dispoñer da súa praza.

A asignación definitiva de prazas notificarase de forma individual a cada alumno en setembro, antes do comezo do curso escolar, unha vez se coñeza o novo protocolo da Xunta que afecta á distribución das prazas e distancias dos comedores escolares.

MOI IMPORTANTE: O envío do formulario de reserva de praza NON supón a asignación directa nin asegura a dispoñibilidade de praza para o alumno. A confirmación de asignación de praza será comunicada por parte da ANPA en setembro, antes do comezo do curso escolar. Os alumnos que non teñan praza dispoñible, serán integrados na lista de espera por orden de solicitude.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, a admisión dos usuarios realizarase segundo a seguinte orde de preferencia:

  1. A solicitude de reserva de praza para o comedor para o vindeiro curso foi enviada en prazo.

  2. A familia do alumno solicitante debe ser socia da ANPA e estar ao día dos pagos da cota da ANPA para que a solicitude de reserva sexa valida.

  3. O alumno solicitante foi usuario do comedor escolar no curso anterior e solicita, como máximo, os mesmos días dos que era usuario do comedor no curso anterior.

  4. O alumno solicitante ten irmán/s usuario/s do servizo de comedor.

  5. O alumno solicitante estivo en lista de espera para o comedor no curso anterior.

  6. O alumno solicitante require unha praza de servizo continuo de 5 días (de luns a venres) de forma fixa tódalas semanas (non de forma alterna). Estes usuarios, denominados usuarios continuos, terán prioridade fronte os descontinuos. Para os alumnos solicitantes de prazas descontinuas, a prioridade establecerase en función do numero de días solicitados, de maior a menor.

  7. O alumno solicitante é usuario ademais do servizo de madrugadores.

A orde de admisión decidirse aplicando con carácter sucesivo os anteriores criterios e, se fose necesario desempatar, empregarase a orde de recepción de solicitudes. A finalidade ultima é asignar o maior número de prazas de comedor aos usuarios solicitantes para facer o uso mais optimizado posible do comedor. 


INFORMACIÓN DO SERVIZO

O servizo de comedor se ofrecerá de 14:15 a 16:15, pola empresa AdrimialFood S.L. 

Menú normal:

o Socios: 4,50€.
o Non socios: 5,50€.

Menús especiais (celíacos, dieta blanda, sen lactosa):

o Socios:4,50€.
o Non socios: 5,50€.

Se un usuario que utiliza o servizo de xeito regular non vai facer uso do comedor un dos días habituais deberá avisar á empresa en días anteriores ou no propio día, sempre que sexa antes das 09.30 da mañá. Pero ademais debe comunicalo ao centro: o alumno deberá traer apuntado na axenda ou nun papel que ese día non acudirá ao comedor para avisar á titora. Se non é posible (por despiste ou por cancelación de última hora) debe chamar ao centro. Se o alumno non acude ao centro non é preciso que avise.

O teléfono para comunicar coa empresa é o seguinte:

                 ADRIMIAL FOOD: 986 330 546






martes, 14 de xuño de 2022

CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da reunión de fin de curso da ANPA o vindeiro mércores desta semana, día 22 de xuño, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día :   

    1-     Lectura e aprobación da acta anterior
2-   Presentación de contas do curso 2021/2022
3-   Presentación e aprovación do orzamento do curso 2022/2023
4-   Posible cambio de empresa do servio de aula madruga
5-   Rogos e preguntas


                          Grazas de antemán pola vosa colaboración.


Un cordial saúdo. 

A directiva da ANPA.

luns, 13 de xuño de 2022

ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023

Este ano queremos facer unha enquisa para valorar as posibles actividades eztraescolares do próximo curso.

E importante que respostedes para intentar melloralo servizo. Gracias polo voso tempo.

Pinchade na seguinte ligazón.

ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023



mércores, 25 de maio de 2022

VOLTA A LAVAR OS DENTES !

 Boas tardes,


Comentarvos que debido ao cambio no protocolo do COVID os nenos poden volver lavarse os dentes no comedor.

Por iso pedímosvos que traian un vaso para enxágüe, pasta, cepillo de dentes e un estoxo onde metelo todo. Sería de axuda que puxésedes o nome a todas as cousas, para que os nenos non se confundan.

Grazas e un saúdo.

xoves, 7 de abril de 2022

COMUNICADO PARA OS USUARIOS DO COMEDOR

Queridas familias,

Comunícaselles aos usuarios do comedor que a partir da volta de vacacións de Semana Santa volverán a recollerse aos nenos na porta de saída do comedor; en lugar de recollelos no portal de entrada onde viña sendo habitual estes últimos anos.

De agora en adiante, serán as monitoras do comedor as encargadas de entregar en man aos nenos directamente ao familiar autorizado para recollelos. Soamente poderá acceder ao recinto un solo familiar.

No caso de que o familiar responsable habitual non poida acudir a recoller ao neno usuario do comedor, o neno só entregarase ás persoas autorizadas que presenten o DNI para identificarse como tal. En caso contrario, as monitoras non están autorizadas a entregar ao menor a descoñecidos.

Recordamos que o horario de recollida é entre as 15:30 e as 16:15h.

NORMAS SAÍDA COMEDOR:

  • Debe pecharse sempre o portal de acceso ao recinto escolar.

  • Está prohibido que os familiares que recollen aos nenos accedan dentro do comedor.

  • Tamén está prohibido que os nenos na saída do comedor se queden a xogar no patio ou en calquera punto dentro do recinto escolar.

Na ligazón de debaixo atoparedes un formulario para encher cos datos das persoas autorizadas a recoller aos nenos do comedor.


AUTORIZACIÓNS

domingo, 27 de marzo de 2022

CHARLA DISCIPLINA POSITIVA

O día 1 de abril as 17:30 haberà unha charla para pais/nais sobre a DISCIPLINA POSITIVA, no Multiusos das Pozas (Petelos). Aprenderemos as bases desta disciplina que busca equilibrio entre firmeza e amabilidade nun ambiente onde  os nenos crezan e vivan en conexión, seguridade e benestar.

Para control de aforo precísase inscripción mediante tlfno da Anpa 620160857.

Animàdevos.‼️ 





xoves, 17 de febreiro de 2022

SUBVENCIÓNS COMEDOR

Bos días,

O vindeiro Luns e Martes de 9:15 a 10:00 e o Venres 25 de  15:00 a 16:15 na aula da ANPA faremos entrega das axudas da Xunta aos usuari@s do comedor escolar do curso 20/21.

Grazas 

luns, 17 de xaneiro de 2022

INCIDENCIA COMEDOR

Bos días,

A ANPA comunica aos pais e nais usuarios do comedor escolar que xa se tomaron as medidas oportunas para esclarecer as causas do malestar que padeceron bastantes dos usuarios do comedor escolar o venres pasado.

En canto dispoñamos de máis información e se saiban cales son as causas que provocaron dito malestar aos usuarios farémolo saber.

Saúdos,