xoves, 23 de xuño de 2022

INSCRICIÓN SOCIOS ANPA 2022-2023

Informámosvos que o proceso de alta de familias socias da ANPA iniciarase o 23 de xuño e finalizará o 30 de setembro. O formulario estará á vosa disposición no blogue a partires desa data e a cuota non variará (20 euros/familia).
Este proceso será tanto para novas familias como para socias do ano pasado, xa que as cuotas non están domiciliadas.
Recordade que os socios da ANPA disfrutarán de descontos nas tarifas de plan madruga, comedor e actividades extraescolares, subvención dunha porcentaxe en todas as excursións realizadas durante o curso, descontos en establecementos adheridos (amosando o correspondente carné de socio), cuota de material para os cursos de Educación Infantil (os pais farán un único pago anual de 40 € e serán os mestres os que lles vaian proporcionando o material que precisen durante o curso), etc.

INSCRICIÓN SOCIOS ANPA

venres, 17 de xuño de 2022

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2022-2023

Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2022/23. Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina do 20 ao 30 de xuño de 2022.

Os alumnos que, no momento da reserva de praza, sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no vindeiro curso 2022/23, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para disfrutala como máximo nas mesmas condicións (é dicir, solicita como máximo os mesmos días que tiñan reservados no curso 2021/22). Aínda así, estes alumnos deben facer igualmente a reserva a través do formulario online para que podamos contabilizalos como usuarios para o vindeiro curso. No caso de que algún de estes usuarios queira unha ampliación nos días de uso e existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, serán considerados como usuarios novos segundo os criterios de admisión.

Se nalgún momento, algún alumno por calquera motivo decidise finalmente non acudir ao comedor e renunciar á súa reserva, debe notificalo expresamente á ANPA á maior brevidade posible para que outro alumno poida dispoñer da súa praza.

A asignación definitiva de prazas notificarase de forma individual a cada alumno en setembro, antes do comezo do curso escolar, unha vez se coñeza o novo protocolo da Xunta que afecta á distribución das prazas e distancias dos comedores escolares.

MOI IMPORTANTE: O envío do formulario de reserva de praza NON supón a asignación directa nin asegura a dispoñibilidade de praza para o alumno. A confirmación de asignación de praza será comunicada por parte da ANPA en setembro, antes do comezo do curso escolar. Os alumnos que non teñan praza dispoñible, serán integrados na lista de espera por orden de solicitude.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Cando existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, a admisión dos usuarios realizarase segundo a seguinte orde de preferencia:

  1. A solicitude de reserva de praza para o comedor para o vindeiro curso foi enviada en prazo.

  2. A familia do alumno solicitante debe ser socia da ANPA e estar ao día dos pagos da cota da ANPA para que a solicitude de reserva sexa valida.

  3. O alumno solicitante foi usuario do comedor escolar no curso anterior e solicita, como máximo, os mesmos días dos que era usuario do comedor no curso anterior.

  4. O alumno solicitante ten irmán/s usuario/s do servizo de comedor.

  5. O alumno solicitante estivo en lista de espera para o comedor no curso anterior.

  6. O alumno solicitante require unha praza de servizo continuo de 5 días (de luns a venres) de forma fixa tódalas semanas (non de forma alterna). Estes usuarios, denominados usuarios continuos, terán prioridade fronte os descontinuos. Para os alumnos solicitantes de prazas descontinuas, a prioridade establecerase en función do numero de días solicitados, de maior a menor.

  7. O alumno solicitante é usuario ademais do servizo de madrugadores.

A orde de admisión decidirse aplicando con carácter sucesivo os anteriores criterios e, se fose necesario desempatar, empregarase a orde de recepción de solicitudes. A finalidade ultima é asignar o maior número de prazas de comedor aos usuarios solicitantes para facer o uso mais optimizado posible do comedor. 


INFORMACIÓN DO SERVIZO

O servizo de comedor se ofrecerá de 14:15 a 16:15, pola empresa AdrimialFood S.L. 

Menú normal:

o Socios: 4,50€.
o Non socios: 5,50€.

Menús especiais (celíacos, dieta blanda, sen lactosa):

o Socios:4,50€.
o Non socios: 5,50€.

Se un usuario que utiliza o servizo de xeito regular non vai facer uso do comedor un dos días habituais deberá avisar á empresa en días anteriores ou no propio día, sempre que sexa antes das 09.30 da mañá. Pero ademais debe comunicalo ao centro: o alumno deberá traer apuntado na axenda ou nun papel que ese día non acudirá ao comedor para avisar á titora. Se non é posible (por despiste ou por cancelación de última hora) debe chamar ao centro. Se o alumno non acude ao centro non é preciso que avise.

O teléfono para comunicar coa empresa é o seguinte:

                 ADRIMIAL FOOD: 986 330 546






martes, 14 de xuño de 2022

CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da reunión de fin de curso da ANPA o vindeiro mércores desta semana, día 22 de xuño, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día :   

    1-     Lectura e aprobación da acta anterior
2-   Presentación de contas do curso 2021/2022
3-   Presentación e aprovación do orzamento do curso 2022/2023
4-   Posible cambio de empresa do servio de aula madruga
5-   Rogos e preguntas


                          Grazas de antemán pola vosa colaboración.


Un cordial saúdo. 

A directiva da ANPA.

luns, 13 de xuño de 2022

ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023

Este ano queremos facer unha enquisa para valorar as posibles actividades eztraescolares do próximo curso.

E importante que respostedes para intentar melloralo servizo. Gracias polo voso tempo.

Pinchade na seguinte ligazón.

ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023