venres, 19 de abril de 2024

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.

O 8 de maio terá lugar unha charla moi interesante sobre «DISCIPLINA POSITIVA E LÍMITES 2ª PARTE».

Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.

Animámosvos a todos a apuntarvos.




martes, 19 de marzo de 2024

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.

O próximo mes de marzo terá lugar unha charla moi interesante sobre «CIBERACOSO», na Axencia de Colocación de Mos.

Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.

Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.



mércores, 21 de febreiro de 2024

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.

O 29 de febreiro terá lugar unha charla moi interesante sobre «DISCIPLINA POSITIVA E LÍMITES».

Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.

Animámosvos a todos a apuntarvos.



xoves, 15 de febreiro de 2024

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

 



Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.

Este mes tocaralle a quenda de anfitrión ao CEIP Alfonso R Castelao (Navia), e terá lugar unha charla moi interesante sobre 'Disciplina positiva e límites'.

Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.

Animámosvos a todos a apuntarvos!!!

sábado, 27 de xaneiro de 2024

Aviso sobre incidentes no comedor

Queridas familias: 

Dende a ANPA queremos informarvos que estamos a recibir constantes queixas dos monitores do comedor por exceso de ruido, alboroto, faltas de respecto e educación por parte dalgúns usuarios do servizo. Dende a ANPA revisamos esta situación coas monitoras e tamén coa empresa que subministra o servizo, por se fose un problema de organización ou xestión do comedor. Comprobouse que, efectivamente, existe un mal comportamento xeneralizado por parte dalgúns usuarios que dificulta moito a xestión eficaz do comedor, tanto para as monitoras como para os propios nenos e nenas que usan o servizo. 

Por es motivo, dende a ANPA pedimos a colaboración das familias usuarias do comedor. É preciso que faledes cos vosos fillos para mellorar a convivencia. Trátase dun servizo útil para todos que debemos coidar e manter baixo as premisas do respecto e da educación, tendo presentes as normas básicas de convivencia que podedes consultar na web da escola: 


A maiores, tal e como se acordou na asamblea anterior, a ANPA reforzará o servizo do comedor cunha monitora adicional, que terá conta dos rapaces máis cativos e deixará maior liberdade de actuación ás outras monitoras. 

Sen embargo, compre recordar que en caso de persistir este problema, os alumnos que non cumpran as normas establecidas de convivencia e de respecto ás monitoras e ós seus compañeros, serán privados do uso do comedor de forma inmediata.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

venres, 26 de xaneiro de 2024

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar.

O próximo mes de febreiro terá lugar unha charla moi interesante sobre «CIBERACOSO».

Estas charlas requiren de inscrición previa mediante esta ligazón ou ben no correo ou teléfono que figura no cartel.

Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.





luns, 22 de xaneiro de 2024

INSCRICIÓN ENTROIDO 2024

Bos días,

Xa queda aberto o prazo de inscrición para participar na comparsa que a ANPA presentará no desfile de Mos (o Domingo11 de febreiro pola tarde).

Os disfraces serán os que fagan os nenos/as en cada aula, no colexio, e os maiores copiarános (cada persoa debe obter a información para poder confeccionar o disfraz na casa).

Podense apuntar familiares e amigos,  é una sola inscripción por familia, apuntando os nenos e  especificando o final do documento, o número total de persoas que asistirán.

Hai de prazo para anotarse ata o venres 26 de xaneiro ás 12.00 horas.

Unha vez finalizado o prazo enviaremos un comunicado para indicar unha reunión previa para a organización do desfile. 


FORMULARIO DE INSCRICIÓN