luns, 28 de setembro de 2020

AVISO USUARIOS PLAN MADRUGA

Estimadas familias,

Comprácenos comunicarvos que a partir do mes de outubro e durante os meses de outubro, novembro e decembro o Plan Madruga volta ó seu horario de 07.30 a 09.15.

Isto é posible grazas a que tras solicitar axuda ó Concello de Mos este respondeu favorablemente e subvencionará parte do servizo, permitindo así, non só ampliar o seu horario senón tamén garantir a súa continuade en polo menos tres meses máis, xa que debido ás normativas impostas pola Xunta en materia de prevención da Covid faise necesario que no servizo haxa un mínimo de dous monitores en todo momento, permitindo así illar na sala Covid a posibles usuarios con síntomas de Covid baixo o coidado dun dos monitores.

De cara ó ano que ven, será revisada a situación en decembro e desde a ANPA faremos todo o que esté nas nosas mans para continuar co servizo e continualo neste mesmo horario, o cal poderá manterse sempre que o concello siga subvencionando parte do servizo ou se a normativa vixente nese momento nos permite continuar co servizo cun só monitor.

Saúdos,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo