Queridas familias,
Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño e remata o 15 de setembro de 2025. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Prégase que se faga unha única inscrición e non se dupliquen as peticións. De haber inscricións duplicadas, só se terá en conta a más actualizada.
A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso:
As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periodo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instrucións pertinentes.
As actividades darán comezo o mércores 1 de outubro de 2025.
LIGAZÓN PARA INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Para acceder ao formulario de inscrición é preciso clikar na seguinte ligazón:
- É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a inscribir. Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo.
- Non se aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir, non se aceptan formularios por escrito ou por email.
- Este formulario pecharáse trala finalización do prazo de inscrición, o 15 de setembro. É dicir, o formulario permanecerá aberto durante todo o verán.
- As familias que desexen inscribir alumnos en prazos posteriores a esa data, deberán esperar poñerse en contacto coa ANPA a través dos canles habituais indicados neste blog.