Dende a
ANPA informamos que os servicios de comedor e Plan madruga comezarán o luns día
14 de setembro.
Debido
a crise orixinada pola COVID-19 e atendendo á normativa vixente para preservar
a seguridade dos cativos e cativas usuarios de ambos servizos, cada un deles terá
unha mesa asignada de uso exclusivo durante todo o curso.
Deste
xeito rogamos a todas as familias que fagan a correspondente reserva de praza
ata o día 11 de setembro mediante comunicación á ANPA a través do correo
electrónico anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com ou no teléfono 620 160
857 (chamada ou Whatsapp)
indicando os datos do alumno (nome,
apelidos, curso), días de asistencia, un
teléfono de contacto e se pode ser, unha dirección de correo electrónico.
Dita información é imprescindible para á organización de ambos servizos.
Así
mesmo, os protocolos de ámbolos dous servizos están dispoñibles no blog da
ANPA(anpamestrevalverdemayo.blogspot.com), ao cal se pode acceder desde o
apartado ANPA da web do colexio
Antes
de facer uso do plan madruga ou do comedor, os pais deberán remitir á ANPA por
correo electrónico unha declaración responsable conforme o neno/a non utilizará
o servizo con síntomas compatibles coa COVID-19 e conforme participan no
comedor ou plan madruga baixo a súa
responsabilidade e despois de ler e comprender os protocolos e normas
establecidos para a prevención da COVID 19. Esta declaración poderáse descargar
dende o blog da ANPA. Unha vez descargado e firmado poderá depositarse no caixa
de correo da ANPA ou ben envíalo por correo electrónico ou Whatsapp.
Lembramos
que tamén é necesario avisar ás empresas proveedoras de ambos servizos (O
RECREO ANIMACIÓN 604 062 268 e ADRIMIAL FOOD 986 330 546)
Aproveitamos
para informar ás familias que todas as novidades respecto á ANPA estarán dispoñibles
no blog da ANPA.
Una saúdo,
ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.