Saltar ao contido principal

NOVAS NORMAS PARA O COMEDOR 2023-2024

Queridas familias,

Comprácenos comunicarvos a actualización das normas do comedor de cara a actualizar o servizo a partir do vindeiro curso 2023-24:

 

PREZO DO MENÚ (NOVOS PREZOS)

Actualizase o prezo do menú normal:

·        Socios da ANPA: 4,75€.

·        Non socios: 5,75€.

E o prezo dos menús especiais (celíacos, dieta branda, sen lactosa, etc.):

·        Socios: 4,75€.

·        Non socios: 5,75€.

 

ALTAS, BAIXAS OU CAMBIOS DE QUENDA (NOVO PROCEDEMENTO)

No caso de un usuario novo que queira darse de ALTA no servizo do comedor (considerase novo aquel usuario que nunca foi ao comedor neste curso escolar, aínda que fose usuario o ano pasado), xa sexa de forma puntual (usuario esporádico) ou de xeito continuado, terá que poñerse en contacto directamente coa empresa que proporciona o servizo do comedor, Adrimial, xa que a partir de agora son eles os que realizarán a xestión das prazas do comedor e o cobro do servizo.

As novas inscricións ou altas deberán realizarse con tempo dabondo para comprobar se hai praza e reservar menú, mellor con 24-48h de antelación e, se non é posible, sempre antes das 09:30h da maña do día que o usuario vaia a empezar o comedor.

Para darse de alta, é preciso enviarlles á Adrimial o formulario de inscrición completamente cuberto. Pode descargarse na seguinte ligazón:

Descargue o formulario de inscrición aquí

Do mesmo xeito, en caso de darse de BAIXA do servizo, deberá contactarse directamente con Adrimial. Por favor, non esquezades dar de baixa aos nenos e nenas que xa non fagan uso do comedor para deixar a praza dispoñible para outro usuario. As prazas son limitadas e hai momentos en que temos o comedor completo ou incluso lista de espera.

En caso de querer realizar algún CAMBIO nas condicións do servizo (cambiar os días de uso, cambiar o día de inicio do servizo, cambio a menú especial, etc.) tamén é preciso contactar con Adrimial para solicitar o cambio. 

Para calquera alta, baixa ou cambio de quenda, é preciso ademais que as familias avisen á escola, a través do email do centro ou ben cunha nota na axenda para o titor/a. Polo tanto, xa non é preciso contactar coa ANPA para solicitar a inscrición no comedor, dar de baixa a un alumno our realizar un cambio de quenda.

Os datos de contacto da empresa que da servizo ao comedor son os seguintes: 

CONTACTO ADRIMIAL FOOD: 986 330 546 – adrimialfood@gmail.com

 

AUSENCIAS

Neste caso non hai cambios no procedemento. No caso de unha ausencia puntual (por mor de enfermidade pasaxeira, cita médica, etc.), as familias terán que avisar directamente Adrimial para anular o servizo eses días, sempre con antelación suficiente (24-48h) ou, no caso dunha emerxencia, pode avisarse no mesmo día antes das 9:30 da mañá. Se o aviso chega con posterioridade a esa hora, se pasará igualmente o cargo do servizo dese día.

A maiores, a familia terá que avisar á escola mediante unha nota na axenda, no caso de que o neno acuda ao colexio pero non se vaia a quedar no comedor, xa que o seu titor/a terá que estar avisado.

Non é preciso contactar coa ANPA para solicitar a inscrición no comedor, dar de baixa a un alumno our realizar un cambio de quenda.

 

HORARIO DE RECOLLIDA:

O horario este curso segue sendo o mesmo: de 15:30 a 16:15h. É imprescindible respectar o horario de recollida e non acudir antes da hora xa que do contrario se interrompe o servizo de catering e se entorpece a labor das monitoras durante a atención dos nenos e nenas.

No caso de que o a persoa habitual non poida acudir a recoller aos nenos, as monitoras só entregarán ao menor ás persoas autorizadas que estean identificadas no seu momento no formulario de inscrición ao comedor. Estas persoas deberán presentar o DNI para identificarse como tal. En caso contrario, as monitoras non están autorizadas a entregar ao menor a descoñecidos.

Os nenos se recollen na porta do comedor. Normas que se deben respectar á saída do comedor:

-     Debe pecharse sempre o portal de acceso ao recinto escolar.

-     Está prohibido que os familiares que recollen aos nenos accedan dentro do comedor.

-    Tamén está prohibido que na saída do comedor os nenos se queden a xogar no patio ou en calquera punto dentro do recinto escolar.

Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2024/2025.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 17 de xuño e remata o 15 de setembro de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periódo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instruccións pertinentes.  As actividades darán comezo o martes 1 de outubro de 2024. RESPONSABLE PRES...

INSCRICIÓN AULA MADRUGA E COMEDOR FÓRA DE PRAZO

As familias que queiran inscribir aos seus fillos/as no comedor ou na aula madruga unha vez rematado o prazo de inscrición, deberán cubrir os seguintes documentos e envialos por correo electrónico ás empresas que prestan o servizo  e á escola ( ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ) Formulario de inscrición PLAN MADRUGA orecreoanimacion.galicia@gmail.com Formulario de inscrición COMEDOR adrimialfood@gmail.com

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizado...