Saltar ao contido principal

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 23/24

Ola familias!

O prazo para as preinscricións comezará hoxe. A prioridade fixarase en función da orde de inscrición. Esperamos comunicarvos qué actividades se poderán realizar a moito tardar o 22 de setembro, nunha lista provisional, e definitiva o 26 de Setembro.

Achegámosvos a continuación un cadro cos horarios e nesta 'LIGAZÓN' podedes ler a descrición das actividades.


A preinscrición farase premendo aquí: 'PREINSCRICIÓN'
Igual que nos anos anteriores, tal como se recolle nos documentos oficiais do colexio, durante o transcurso de cada unha das actividades, un pai ou nai permaneza no centro facéndose cargo da mesma. Se coinciden dúas actividades nun mesmo horario non é necesario a presenza de dous pais. A presenza deste/a nai/pai requírese para:
  • Colaborar co monitor ante posibles urxencias (polo que debe estar localizable por este).

  • Cando a actividade o requira, abrir e pechar o pabellón.

As actividades darán comezo o luns 2 de outubro.



Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN COMPARSA ENTROIDO 2026

  Desde a ANPA queremos volver a participar na comparsa de entroido. Este ano o tema escollido é para revivir a época das series en galego na TVG, concretamente aquelas que se emitían e emiten no Xabarín Club. É moi importante que saibades que  PODE PARTICIPAR QUEN QUEIRA ; familia, amizades, veciños, etc. Precisamos a vosa colaboración para que vos inscribades neste gran proxecto. Para INSCRIBIROS , debedes completar o seguinte formulario.  FORMULARIO DE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2025/26

  Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar. GUÍA DE USO DO COMEDOR As  normas e procedementos  que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. R...

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2025/26 - PRAZO DESDE O 15 DE XUÑO ATA O 15 DE SETEMBRO

 Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2025/2026.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 15 de xuño e remata o 15 de setembro de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Prégase que se faga unha única inscrición e non se dupliquen as peticións. De haber inscricións duplicadas, só se terá en conta a más actualizada. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periodo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp espe...