martes, 16 de xaneiro de 2024

COMISIÓN DE ENTROIDO

Queridas familias,

Dende a ANPA comunicámosvos que este ano queremos participar no desfile de comparsas do entroido de Mos (11 de febreiro as 17:30h). A nosa intención non é facer unha carroza... só queremos saír cos nosos fillos a desfilar e pasalo ben, sen traballar moito. Os nenos levarían o disfrace da escola, que os adultos copiaríamos.

Este venres ás 20h reunirémonos no comedor para tratar o tema. Quen estea interesado en formar parte da 'COMISIÓN DE ENTROIDO' para aportar ideas e botar unha man, que acuda. 

A semana que vén enviaremos un formulario para que todos os que queiran inscribirse o poidan facer.

Animámosvos a todos a apuntarvos!!!