sábado, 27 de xaneiro de 2024

Aviso sobre incidentes no comedor

Queridas familias: 

Dende a ANPA queremos informarvos que estamos a recibir constantes queixas dos monitores do comedor por exceso de ruido, alboroto, faltas de respecto e educación por parte dalgúns usuarios do servizo. Dende a ANPA revisamos esta situación coas monitoras e tamén coa empresa que subministra o servizo, por se fose un problema de organización ou xestión do comedor. Comprobouse que, efectivamente, existe un mal comportamento xeneralizado por parte dalgúns usuarios que dificulta moito a xestión eficaz do comedor, tanto para as monitoras como para os propios nenos e nenas que usan o servizo. 

Por es motivo, dende a ANPA pedimos a colaboración das familias usuarias do comedor. É preciso que faledes cos vosos fillos para mellorar a convivencia. Trátase dun servizo útil para todos que debemos coidar e manter baixo as premisas do respecto e da educación, tendo presentes as normas básicas de convivencia que podedes consultar na web da escola: 


A maiores, tal e como se acordou na asamblea anterior, a ANPA reforzará o servizo do comedor cunha monitora adicional, que terá conta dos rapaces máis cativos e deixará maior liberdade de actuación ás outras monitoras. 

Sen embargo, compre recordar que en caso de persistir este problema, os alumnos que non cumpran as normas establecidas de convivencia e de respecto ás monitoras e ós seus compañeros, serán privados do uso do comedor de forma inmediata.

Moitas grazas pola vosa colaboración.