domingo, 18 de xuño de 2023

INSCRICIÓN NOVOS SOCIOS NA ANPA E PAGO DA COTA PARA O CURSO 2023-2024

Queridas familias,

Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 20 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2023. Non se aceptarán inscricións nin pagos fora dese prazo.

Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións.


COTA DA ANPA

20 euros/ familia (independentemente do número de fillos/as escolarizados).


NOVOS SOCIOS

Os socios novos, que se asocien por primeira vez, terán ademáis que cubrir un formulario cos seus datos, dispoñible na seguinte ligazón:

Fai click aquí


COTA DE MATERIAL PARA ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aproveitamos para recordar, como todos os anos, que existe a posibilidade de que a adquisición do material escolar esixido para os alumnos de Educación Infantil (4 EI, 5 EI e 6 EI, e dicir, nenos/as de 3, 4 e 5 anos) sexa xestionado pola ANPA. Desta forma, o persoal docente será o encargado de entregarlle a cada alumno/a o material necesario ao longo de todo o curso escolar.

Para elo, cada familia deberá ingresar na conta da ANPA o cota de material correspondente. Para o curso 2023/24, a cota de material será a seguinte:

- Socios da ANPA: 50 euros/alumno

- Non asociados ANPA: 55 euros/alumno

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material e non facelo a través da ANPA, debe poñerse en contacto coa escola e coa ANPA antes do inicio do curso. Lembramos que, de facelo así, será responsabilidade da propia familia ir mercando o material necesario durante o transcurso segundo as indicacións da titora en cada momento. De optar por esta vía, debe comunicarse o antes posible xa que dende o primeiro día, os rapaces xa estarán utilizando o material mercado de forma global con estas cotas.


FORMA DE PAGO

Os pagos da cota da ANPA ou do material unicamente poden facerse a través dunha transferencia bancaria.

É imprescindible por no concepto ou observacións da transferencia o nome e apelidos do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.e.: María Pérez 4EP Cota ANPA, Xan López 6EI Cota Material).

A conta para realizar a transferencia é a seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761


POR QUE É IMPORTANTE SER SOCIO DA ANPA

Para aquelas familias novas na escola, así como para calquera outra para a que poida ser de interese, recordamos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  • Xestionar a compra conxunta do material escolar para os rapaces de infantil.
  • Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  • Xestionar as actividades extraescolares.
  • Subvencionar as excursións realizadas pola escola.
  • Colaborar coa organización das festas máis importantes da escola (Magosto, Samain, Nadal, Entroido, Fin de Curso, entre outras), financiando actividades lúdicas ou a merenda en algún casos.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais de Mos e O Porriño para que ós nosos socios se beneficien de descontos especiais grazas ao carné do ANPA.
  • Colaborar, cando sexa preciso, na adquisición de materiais para a escola (por ex. mobiliario para o comedor, xoguetes, adornos para as festas, etc.).
  • Preparación e xestión de subvencións que axudan a cofinanciar algúns servizos, como é o caso do comedor.
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración tanto coa dirección do centro como con distintas entidades educativas e gobernamentais (co concello, con asociacións, con outras ANPAS, etc.) co fin de conseguir melloras nas infraestruturas, maiores dotacións económicas e melloras no funcionamento da nosa escola.
  • Administración e xestión das contas e obrigas financeiras da ANPA, constituída como asociación. Xestión do blog da ANPA e dos protocolos que afectan ao funcionamento da mesma. Organización de asembleas e reunións informativas, redacción de comunicados e noticias. Representación no Consello Escolar.