venres, 22 de setembro de 2023

Convocatoria da asamblea da ANPA

 

Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da Asamblea da ANPA o día 6 de outubro, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:


1-Lectura e aprobación da acta anterior

2-Presentación das contas do curso 22/23

3-Aumento da cota de socio para o vindeiro curso

4-Investimento de parte da subvención do comedor nel

5-Recadación dos cartos de Infantil do curso 24/25

6-Proposición de melloras no colexio

7-Creación dunha comisión de entroido

8-Novas candidaturas a Xunta Directiva 

     

                9-Rogos e preguntas


Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo socios ou iniciarse como socios da ANPA este curso 2023/2024, que o importe da cota anual é de 20€ por familia e o prazo finaliza o 30 de setembro.

Os pagos á ANPA pódense facer a través de transferencia bancaria. É importante por no concepto ou observacións da transferencia o nome completo do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.e.: María Pérez 4EP Cota ANPA).


A conta para as transferencias é a seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761


   Grazas de antemán pola vosa colaboración.



Un cordial saúdo. 

A directiva da ANPA.