Bos días,
Este ano tamén teremos servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00. O servizo vaino dar a empresa “O Recreo” e custará 498€/mes (cunha soa monitora).
Este ano facturarase de forma diferente. A continuación veredes un exemplo para que se entenda, pois é algo complexo.
Aula madruga neno 1 = 20 días
Aula madruga neno 2 = 5 días +
Aula madruga neno 3 = 16 días
---------
41 días
Entón dividiríase o numero de días total polo importe que cobra ao mes a empresa,
498 € / 41 = X €
e cada neno pasaría a pagar:
A pagar neno 1 = X x 20
A pagar neno 2 = X x 5
A pagar neno 3 = X x 16
Desta forma sempre se pagaría o mínimo, sen levar a empresa mais ganancias que o que lle conleva p prezo do servizo. Cobrarase a mes vencido e non todos os meses o mesmo importe, dependerá da cantidades de nenos que asistisen.
Para facer a inscripción, podedes acceder ó enlace inferior.