venres, 3 de setembro de 2021

COTAS ANPA E MATERIAL CURSO 21/22

 

Queridas familias,

Este curso a cota da ANPA é de 20€ por familia (inclúe a todos os membros da mesma).

Respecto á cota de material, neste curso tan só será xestionado polo colexio e a ANPA o material de educación infantil, sendo o custo o seguinte:

  • Socios ANPA: 40€/alumn@
  • Non Socios: 45€/alumn@

A xestión deste material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.  

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as necesidades de cada momento.

Agradecemos que o pago da cota de material se realice xunto co da cota da ANPA, para que os pagos poidan verificarse de xeito adecuado.

O prazo para realizar o pago da cota da ANPA e a cota de material é ata o 30 de setembro.

Os pagos á ANPA faránse a través de transferencia bancaria.

É importante por no concepto ou observacións da transferencia o nome completo do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.e.: María Pérez 4EP Cota ANPA).

 

A conta para transferencias é a seguinte:

 

ES59 2080 5452 6430 4012 0761

Ante calquera outra cuestión ou suxerencia non dubidedes en porvos en contacto con nós a través do teléfono 620 160 857 ou do e-mail anpaceipmestrevalverdemayo@gmail.com.

Grazas pola vosa colaboración,

ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.