Saltar ao contido principal

Publicacións

COMUNICADO PARA OS USUARIOS DO COMEDOR

Queridas familias, Comunícaselles aos usuarios do comedor que a partir da volta de vacacións de S emana S anta volverán a recollerse aos nenos na porta de saída do comedor ; en lugar de recollelos no portal de entrada onde viña sendo habitual estes últimos anos. De agora en adiante, serán as monitoras do comedor as encargadas de entregar en man a os nenos directamente ao familiar autorizado para recollelos. Soamente poderá acceder ao recinto un solo familiar. No caso de que o familiar responsable habitual non poida acudir a recoller ao neno usuario do comedor,  o neno só entregarase ás persoas autorizadas que presenten o DNI para identificarse como tal . En caso contrario, as monitoras non están autorizadas a entregar ao menor a descoñecidos. Recordamos que o horario de recollida é entre as 15:30 e as 16:15h. NORMAS SAÍDA COMEDOR: Debe pecharse sempre o portal de acceso ao recinto escolar. Está prohibido que os familiares que recollen aos nenos accedan dentro do comed...

CHARLA DISCIPLINA POSITIVA

O día 1 de abril  as 17:30 haberà unha charla para pais/nais sobre a DISCIPLINA POSITIVA, no Multiusos das Pozas (Petelos). Aprenderemos as bases desta disciplina que busca equilibrio entre firmeza e amabilidade nun ambiente onde  os nenos crezan e vivan en conexión, seguridade e benestar. Para control de aforo precísase inscripción mediante tlfno da Anpa 620160857. Animàdevos.‼️ 

SUBVENCIÓNS COMEDOR

Bos días, O vindeiro Luns e Martes de 9:15 a 10:00 e o Venres 25 de  15:00 a 16:15 na aula da ANPA faremos entrega das axudas da Xunta aos usuari@s do comedor escolar do curso 20/21. Grazas 

INCIDENCIA COMEDOR

Bos días, A ANPA comunica aos pais e nais usuarios do comedor escolar que xa se tomaron as medidas oportunas para esclarecer as causas do malestar que padeceron bastantes dos usuarios do comedor escolar o venres pasado. En canto dispoñamos de máis información e se saiban cales son as causas que provocaron dito malestar aos usuarios farémolo saber. Saúdos,

ROTEIRO INFANTIL

Ola a todos! Coas festas do Nadal á volta o C.S.C.D. AS PEDRIÑAS vai facer un roteiro para familias. Trátase d unha ruta cicular moi doada onde un biólogo fará de guía!!! Boa camiñada!

CARNÉ DESCONTOS SOCIOS ANPA

  Estimadas familias, Este ano a ANPA estableceu un acordo de colaboración con algúns establecementos a través do cal éstes ofrecerán un desconto a todos os socios da ANPA do colexio. Para a aplicación do desconto, os establecementos solicitarán ós socios que se identifiquen como tales presentando o correspondente carné de descontos. Os carnés e ntregaranse aos nenos na primeira semana de decembro . Todos os descontos serán válidos dende xaneiro de 2022 ata o 31 de setembro de 202 3 . Detallamos no enlace de a baixo os colaboradores e os respectivos descontos que ofrece cada un deles. DESCONTOS   Saúdos, ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

AXUDAS ESCOLARES CONCELLO DE MOS

Xa están publicados os listados de subsanación das axudas municipais para libros e material escolar e uso do servizo de comedor escolar na web do Concello. Hai un enlace directo na propia portada da web do Concello de Mos. Neses listados unicamente salen os interesados que teñen que subsanar, o resto teñen a documentación completa.   O plazo para subsanación é de 10 días (do 11/11/21 ao 24/11/21), e tamen está indicado.   O seguinte paso será publicar a finais deste mes a resolución de concesión das axudas, daqueles interesados que cumpran os requisitos. E no caso das axudas de comedor abrirase un novo prazo para presentar as facturas/recibos do comedor.   Un saudo