Que as nosas ideas, como pinceis, e o noso esforzo, como pintura, se unan para dar vida a un curso escolar memorable
Máis aló das actas e das reunións, existe un motor de cambio silencioso pero imparable no noso centro educativo: o traballo da ANPA. Co noso compromiso e esforzo voluntario, intentamos transformar os espazos que acollen os nosos fillos e fillas cada día. Esta semana previa ao comezo do curso, tocou remodelar o comedor escolar e comezar a pintar os patios e darlle cor, pois a partir do día 8 serán os nosos fillos e fillas aos que dotarán de VIDA o centro. Aquí temos unha pequena mostra, e animámosvos a que neste curso cada un de nós aporte o seu trazo para crear unha obra mestra colectiva.