Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da Asamblea anual da ANPA o vindeiro venres desta semana, día 21 de maio, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día :
1- Lectura e aprobación da acta anterior
2- Presentación de contas do curso 2019/2020
3- Renovación da actual Xunta Directiva
4- Rogos e preguntas
Na Asamblea vanse tomar decisións moi importantes de cara o vindeiro curso 2021-2022, entre outras, a posibilidade ou non da continuidade do Comedor e Plan Madruga, e demais actividades que son xestionadas pola ANPA. Daquela agradecemos encarecidamente a asistencia á mesma.
Nos próximos meses procederase á disolución da actual Xunta Directiva. Por suposto, estaremos á disposición da nova Xunta Directiva para axudala en todo o que precise. Por isto é necesario que este relevo dé comezo o antes posible, para o mantemento dos servizos.
Co fin de garantir as medidas de seguridade e cumprir os protocolos COVID, todos os asistentes deben rexistrar a súa asistencia á reunión enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 620 160 857 indicando: REUNIÓN ANPA seguido de nome, apelidos, DNI e curso ao que pertencen os seus fill@s antes do día 21 de maio para facilitar a organización do espazo e o control de aforo. Poderá asistir só un membro de cada unidade familiar.
Grazas de antemán pola vosa colaboración.
Un cordial saúdo.
A directiva da ANPA.
‘A ANPA somos tod@s’