Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Plan Madruga do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. No caso de alumnos que precisen facer uso do Plan Madruga de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán poñerse en contacto coa ANPA cando necesiten o servizo para tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días de antelación. Se non, non podemos asegurar dar resposta á tempo. HORARIOS O servizo de madrugadores se inicia ás 07:30 e remata ás 09:00. A monitora do madruga encarga...
Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar. GUÍA DE USO DO COMEDOR As normas e procedementos que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. R...