Saltar ao contido principal

Publicacións

Reclamación pola ausencia de coidador/a prometido para a nosa escola

Queridas familias, Poñémonos en contacto con vos para solicitar a vosa colaboración.  Dende a ANPA estamos coordinando a presentación dunha r eclamación pola ausencia de coidador/a que tiñamos asignado dende inicio do curso para os cativos con necesidades especiais .  Por causas alleas á escola e descoñecidas para nos, a pesar de termos aprobado este apoio dende outubro, o contrato co coidador/a non foi establecido cun prazo dabondo para poder dar soporte a estes nenos. Isto deixou sen cubrir as necesidades deste alumnos, limitando a promoción da súa autonomía e inclusión. Pero ademáis, tamén afectou de forma xeral aos alumnos de Educación Infantil, xa que o pasado 12 de decembro viron anulada a súa excursión dun día para outro por falta deste soporte. Isto a pesar de ter avisado a escola varias veces do feito da excursión e terse comprometido para enviar esta persoa a tempo. Tras este incidente, os servizos educativos comprometéronse nunha nova data para enviar a este profesi...

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

  Seguimos coas charlas gratuítas do espazo sen xulgar co que o ANPA está a colaborar. O próximo mes de decembro terá lugar unha charla moi interesante sobre «Acoso Escolar», motivos, síntomas, como afrontalo,…. da man dunha mediadora escolar. Estas charlas requiren de inscrición previa ben no correo ou no teléfono que figuran no cartel. Animámosvos a todos a apuntarvos para compartir, aprender, nun espazo ameno e con sesión café ao finalizar.

Charla Maria Couso Cerebro e pantallas

Dende o CIM de Mos teñen organizada, para o próximo venres 1 de decembro, unha charla coloquio da Pedagoga María Couso (Playfunlearning) para as familias.  A charla será no auditorio do Centro Social de Guizán ás 18:00h. O aforo é limitado, polo que é necesario inscribirse no formulario habilitado na páxina web  https://www.mos.es/charla- coloquio-maria-couso-cerebro- e-pantallas/     

Charlas ESPAZO SEN XULGAR

Bos días, queriamos informarvos que este ano puxemos en marcha, xunto coas demais ANPAS dos colexios públicos de Mos e outros coles, unha serie de charlas que esperamos sexan do voso interese. Estas iranse organizando ao longo de todo o curso en distintas localizacións. Iremos informando de lugar e a data para que poidades acudir. A continuación deixámosvos o cartel da próxima charla.

Convocatoria da asamblea da ANPA

  Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da Asamblea da ANPA o día  6 de outubro, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria  coa seguinte orde do día: 1- Lectura e aprobación da acta anterior 2- Presentación das contas do curso 22/23 3-Aumento da cota de socio para o vindeiro curso 4-Investimento de parte da subvención do comedor nel 5-Recadación dos cartos de Infantil do curso 24/25 6-Proposición de melloras no colexio 7-Creación dunha comisión de entroido 8- Novas candidaturas a Xunta Directiva                            9-Rogos e preguntas Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo socios ou iniciarse como socios da ANPA este curso 2023/2024, que o importe da cota anual é de 20€ por familia e o prazo finaliza o 30 de setembro. Os pagos á ANPA pódense facer a través de transferencia bancaria...

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 23/24

Ola familias! O prazo para as preinscricións comezará hoxe.  A prioridade fixarase en función da orde de inscrición.  Esperamos  comunicarvos qué actividades se poderán realizar a moito tardar o 22 de setembro, nunha lista provisional, e definitiva o 26 de Setembro. Achegámosvos a continuación un cadro cos horarios e nesta 'LIGAZÓN' podedes ler a descrición das actividades. A  preinscrición  farase premendo aquí:  'PREINSCRICIÓN' .  Igual que nos anos anteriores, tal como se recolle nos documentos oficiais do colexio, durante o transcurso de cada unha das actividades, un pai ou nai permaneza no centro facéndose cargo da mesma.  Se coinciden dúas actividades nun mesmo horario non é necesario a presenza de dous pais. A presenza deste/a nai/pai requírese para: Colaborar co monitor ante posibles urxencias (polo que debe estar localizable por este). Cando a actividade o requira, abrir e pechar o pabellón. As actividades darán comezo o luns 2 de out...

NOVAS NORMAS PARA O COMEDOR 2023-2024

Queridas familias, Comprácenos comunicarvos a actualización das normas do comedor de cara a actualizar o servizo a partir do vindeiro curso 2023-24:   PREZO DO MENÚ (NOVOS PREZOS) Actualizase o prezo do menú normal: ·         Socios da ANPA: 4,75€. ·         Non socios: 5,75€. E o prezo dos menús especiais (celíacos, dieta branda, sen lactosa, etc.): ·         Socios: 4,75€. ·         Non socios: 5,75€.   ALTAS, BAIXAS OU CAMBIOS DE QUENDA (NOVO PROCEDEMENTO) No caso de un usuario novo que queira darse de ALTA no servizo do comedor (considerase novo aquel usuario que nunca foi ao comedor neste curso escolar, aínda que fose usuario o ano pasado), xa sexa de forma puntual (usuario esporádico) ou de xeito continuado, terá que poñerse en contacto directamente coa empresa que proporciona o servizo do comedor, Adrimial ...