Saltar ao contido principal

Evolucionamos! Estreamos nova web e novo dominio

Temos grandes noticias! Por fin demos o salto. Deixamos atrás o formato blog para converternos nunha páxina web completa e moito máis intuitiva. Vén a visitarnos ao noso novo dominio! 


http://anpamestrevalverdemayo.org/


A partir de este momento, todo o relacionado co curso 2026/27 publicarase a través da nova web.

Publicacións populares deste blog

INSCRICIÓN COMPARSA ENTROIDO 2026

  Desde a ANPA queremos volver a participar na comparsa de entroido. Este ano o tema escollido é para revivir a época das series en galego na TVG, concretamente aquelas que se emitían e emiten no Xabarín Club. É moi importante que saibades que  PODE PARTICIPAR QUEN QUEIRA ; familia, amizades, veciños, etc. Precisamos a vosa colaboración para que vos inscribades neste gran proxecto. Para INSCRIBIROS , debedes completar o seguinte formulario.  FORMULARIO DE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2025/26

  Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 15 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Este ano houbo os problemas de aforo. Polo tanto, no caso de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. Ademais, se ao longo do curso se detecta un uso deshonesto por parte dos usuarios, procederase a dar de baixa ese servizo, pois estaría ocupando un lugar que outra persoa podería necesitar. GUÍA DE USO DO COMEDOR As  normas e procedementos  que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. R...

SOCIOS ANPA CURSO 2025/26 - PRAZO DO 15 DE XUÑO ATA O 30 DE SETEMBRO

  Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 15 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2025 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as esc...