Saltar ao contido principal

Publicacións

NOVA TARIFA NO MADRUGA

Bos días, quereriamos comentar que debido ao alto número de usuarios da aula madruga imos ter que meter outra monitora máis, no mes de outubro hai días que se chegou aos 34 nenos. A continuación se expoñen os prezos que se cobraron estos meses e unha estimación do mes de outubro cunha monitora máis. SETEMBRO = 1,66 €/DÍA OUTUBRO = 1,10 €/DÍA OUTUBRO (SE HOUBESE DÚAS MONITORAS) = 1,89 €/DÍA

NORMAS COMEDOR

HORARIO DE RECOLLIDA: De 15:30 a 16:15h . É imprescindible respectar o horario de recollida e non acudir antes da hora xa que do contrario se interrope o servizo de catering e se entorpece a labor das monitoras durante a atención dos nenos. No caso de que o a persoa habitual non poida acudir a recoller aos nenos monitoras só entregarán ao menor ás persoas autorizadas que estean identificadas no seu momento no formulario de inscrición ao comedor. Estas persoas deberán presentar o DNI para identificarse como tal. En caso contrario, as monitoras non están autorizadas a entregar ao menor a descoñecidos. Os nenos se recollen na porta do comedor. Normas que se deben respectar á saída do comedor: ·     -  Debe pecharse sempre o portal de acceso ao recinto escolar. ·     -  Está prohibido que os familiares que recollen aos nenos accedan dentro do comedor. ·     -  Tamén está prohibido que os nenos na saída do comedor se queden a xogar no ...

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E USO DO SERVIZO DE COMEDOR 2022/2023

Bo día, Achegamos información para as familias das axudas de comedor e material escolar do concello de Mos. O prazo abre MAÑÁ MARTES 27 e finaliza o VENRES 14 DE OUTUBRO. Para máis información, as familias poden contactar no 986 339 404 ou no mail  educa@concellomos.es As solicitudes as poden obter no seguinte enlace: SOLICITUDE . Calquera dubida estamos a vosa disposición. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS AXUDAS 2022-2023  

Obradoiros de Intelixencia Emocional para o alumnado de primaria

  Cada día os nenos e nenas enfróntanse a novos retos a nivel social, emocional e intelectual. A través do adestramento en Intelixencia Emocional, podemos axudarlles a adquirir ferramentas para afrontar estas situacións da forma máis construtiva para eles, favorecendo a súa autonomía, resiliencia, crecemento persoal, autocoidado, habilidades sociais…   Con este taller os nenos aprenderán de forma divertida e práctica estratexias emocionais e sociais. FORMULARIO DE INSCRICIÓN

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22/23

  Bos días, Desde o ANPA queremos comentarvos como está o tema das extraescolares. A día de hoxe temos as que se realizan a través da empresa ANIAS (a mesma que o curso pasado), pero as do concello aínda están no aire. Entendemos que non vai haber moitos cambios con respecto ao curso anterior; saberémolo seguro a semana que vén xa que nos convocarán a unha reunión para tratar o tema. Non imos abrir as inscricións ata que non teñamos claras todas as actividades. De todos os xeitos, como xa nos solicitastes información, avanzámosvos un horario provisional para que poidades ir organizando o curso. Comentar que a actividade de patinaxe pásase a dar no pavillón Óscar Pereiro. Para quen o necesite haberá un autobús que levará aos nenos desde o colexio (sairá ás 15:40). Os que asistan ao comedor serán recolleitos por unha das monitoras que irán no autobús. Ao finalizar a actividade serán os pais os encargados de ir buscalos . Non fai falta dicir que na devandita actividade, ao non reali...

INSCRICIÓN AULA MADRUGA 2022-2023

Bos días, Este ano tamén teremos servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00.  O servizo vai no dar a empresa “O Recreo” e custará 498€/mes ( cunha soa monitora ) . Este ano facturarase de forma diferente. A continuación veredes un exemplo para que se entenda, pois é algo complexo. Aula madruga ne no 1 =    20 días Aula madruga ne no 2 =    5 días      + Aula madruga ne no 3 =    16 días                                           ---------                                           41 días Entón dividiríase o numero de días total polo importe que cobra ao mes a empresa, 498 € / 41  =  X € e cada neno pasaría a pagar: A pagar ne n o 1  =  X x 20 A pagar ne n o 2  =...

REUNIÓN COMEDOR 2022/2023

Ao recibir mais demandas para o servizo de comedor que prazas hai, decidimos convocar o luns 2 9 de agosto ás 20 h unha reunión. Será no comedor do colexio e trataranse os seguintes puntos: 1) Problemática por exceso de demanda do servizo. 2) Posible solución poñendo outra quenda. Iso conleva outra monitora, aumento  do prezo do servizo e cambio no horario de recollida. 3) Votación.