Bos días, quereriamos comentar que debido ao alto número de usuarios da aula madruga imos ter que meter outra monitora máis, no mes de outubro hai días que se chegou aos 34 nenos. A continuación se expoñen os prezos que se cobraron estos meses e unha estimación do mes de outubro cunha monitora máis.
SETEMBRO = 1,66 €/DÍA OUTUBRO = 1,10 €/DÍA OUTUBRO (SE HOUBESE DÚAS MONITORAS) = 1,89 €/DÍA
Desde a ANPA queremos volver a participar na comparsa de entroido. Este ano o tema escollido é para revivir a época das series en galego na TVG, concretamente aquelas que se emitían e emiten no Xabarín Club. É moi importante que saibades que PODE PARTICIPAR QUEN QUEIRA ; familia, amizades, veciños, etc. Precisamos a vosa colaboración para que vos inscribades neste gran proxecto. Para INSCRIBIROS , debedes completar o seguinte formulario. FORMULARIO DE INSCRICIÓN