sábado, 15 de xuño de 2024

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias,

Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis. O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024Non se aceptarán inscricións nin pagos fora dese prazo.

Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes.


NOVA COTA DA ANPA

Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual. A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir:

  • 20 euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
  • 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
  • 30 euros anuais para unha familia con 3 fillos/as escolarizados nesta escola no vindeiro curso.
  • etc.


NOVOS SOCIOS

Os socios novos, que se asocien por primeira vez, terán ademáis que cubrir un formulario cos seus datos, dispoñible na seguinte ligazón:

Fai click aquí


COTA DE MATERIAL PARA ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aproveitamos para recordar, como todos os anos, que existe a posibilidade de que a adquisición do material escolar esixido para os alumnos de Educación Infantil (4 EI, 5 EI e 6 EI, É dicir, nenos/as de 3, 4 e 5 anos) sexa xestionado pola ANPA. Desta forma, o persoal docente será o encargado de entregarlle a cada alumno/a o material necesario ao longo de todo o curso escolar.

Para elo, cada familia deberá ingresar na conta da ANPA o cota de material correspondente. Para o curso 2024/25, a cota de material será a seguinte:

- Socios da ANPA: 50 euros/alumno

- Non asociados ANPA: 55 euros/alumno

Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material e non facelo a través da ANPA, debe poñerse en contacto coa escola e coa ANPA antes do inicio do curso. Lembramos que, de facelo así, será responsabilidade da propia familia ir mercando o material necesario durante o transcurso segundo as indicacións da titora en cada momento. De optar por esta vía, debe comunicarse o antes posible xa que dende o primeiro día, os rapaces xa estarán utilizando o material mercado de forma global con estas cotas.


FORMA DE PAGO

Os pagos da cota da ANPA ou do material unicamente poden facerse a través dunha transferencia bancaria.

É imprescindible por no concepto ou observacións da transferencia o nome e apelidos do alumno, o curso e unha referencia do pago que se realiza (p.e.: María Pérez 4EP Cota ANPA, Xan López 6EI Cota Material).

A conta para realizar a transferencia é a seguinte:

ES59 2080 5452 6430 4012 0761


POR QUE É IMPORTANTE SER SOCIO DA ANPA

Para aquelas familias novas na escola, así como para calquera outra para a que poida ser de interese, recordamos cales son as funcións e actividades que realiza a ANPA e por tanto a que vai destinada a súa cota:

  • Xestionar a compra conxunta do material escolar para os rapaces de infantil.
  • Xestionar os servizos de plan madruga e comedor.
  • Xestionar as actividades extraescolares.
  • Subvencionar as excursións realizadas pola escola.
  • Colaborar coa organización das festas máis importantes da escola (Magosto, Samain, Nadal, Entroido, Fin de Curso, entre outras), financiando actividades lúdicas ou a merenda en algún casos.
  • Colaborar con distintos establecementos comerciais de Mos e O Porriño para que ós nosos socios se beneficien de descontos especiais grazas ao carné do ANPA.
  • Colaborar, cando sexa preciso, na adquisición de materiais para a escola (por ex. mobiliario para o comedor, xoguetes, adornos para as festas, etc.).
  • Preparación e xestión de subvencións que axudan a cofinanciar algúns servizos, como é o caso do comedor.
  • A ANPA realiza tamén unha labor de contacto e colaboración tanto coa dirección do centro como con distintas entidades educativas e gobernamentais (co concello, con asociacións, con outras ANPAS, etc.) co fin de conseguir melloras nas infraestruturas, maiores dotacións económicas e melloras no funcionamento da nosa escola.
  • Administración e xestión das contas e obrigas financeiras da ANPA, constituída como asociación. Xestión do blog da ANPA e dos protocolos que afectan ao funcionamento da mesma. Organización de asembleas e reunións informativas, redacción de comunicados e noticias. Representación no Consello Escolar.