Saltar ao contido principal

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

Queridas familias,

Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2024/2025. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 17 de xuño e remata o 15 de setembro de 2024. As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas.

A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso:
As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periódo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instruccións pertinentes. 

As actividades darán comezo o martes 1 de outubro de 2024.

RESPONSABLE PRESENTE EN CADA ACTIVIDADE

Igual que nos cursos anteriores e tal como se recolle nos documentos oficiais da escola, durante o transcurso de cada unha das actividades, un responsable (pai/nai/titor legal) deberá permanecer no recinto do centro facéndose cargo da mesma. Se coinciden dúas actividades nun mesmo horario non é necesario a presenza de dous pais. A presenza deste responsable requírese para:
  • Colaborar co/a monitor/a da actividade en cuestión ante posibles emerxencias (polo cal debe estar localizable en todo momento durante toda a duración da actividade).

  • Cando a actividade así o requira, debe responsabilizarse de solicitar as chaves ao mestre de vixilancia e abrir e pechar o pabellón.

A asignación dos turnos para cada responsable fárase por consenso nos grupos de WhatsApp de cada actividade, con antelación suficiente. A ausencia de responsables asignados conlevará a suspensión da actividade. 


LIGAZÓN PARA INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Para acceder ao formulario de inscrición é preciso clikar na seguinte ligazón:

 Fai clic aquí

É preciso cubrir un formulario por cada neno que se vaia a inscribir. Non é posible facer un só formulario para dous irmáns, por exemplo. Non se aceptan inscricións que non sexan a través deste formulario online, é dicir, non se aceptan formularios por escrito ou por email.

Este formulario pecharáse trala finalización do prazo de inscrición, o 15 de setembro. É dicir, o formulario permanecerá aberto durante todo o verán. 

As familias que desexen inscribir alumnos en prazos posteriores a esa data, deberán esperar poñerse en contacto coa ANPA a través dos canles habituais indicados neste blog.  



Publicacións populares deste blog

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizados nesta escola no v

INSCRICIÓN AULA MADRUGA E COMEDOR FÓRA DE PRAZO

As familias que queiran inscribir aos seus fillos/as no comedor ou na aula madruga unha vez rematado o prazo de inscrición, deberán cubrir os seguintes documentos e envialos por correo electrónico ás empresas que prestan o servizo  e á escola ( ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal ) Formulario de inscrición PLAN MADRUGA orecreoanimacion.galicia@gmail.com Formulario de inscrición COMEDOR adrimialfood@gmail.com