Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

NOVA COTA DA ANPA, COTA DE MATERIAL E INSCRICIÓN DE NOVOS SOCIOS PARA O CURSO 2024-25

Queridas familias, Ábrese o prazo para o pago da cota anual da ANPA, tanto para os novos socios como para aqueles socios que queiran renovar a súa participación un ano máis.  O prazo iniciarase o 17 de xuño e finalizará o 30 de setembro de 2024 .  Non se aceptarán inscricións nin pagos fóra dese prazo . Recordade que o pago da cota da ANPA é obrigatorio para aqueles alumnos que queiran beneficiarse dos descontos no menú do comedor, no plan madruga, nas actividades extraescolares da ANPA ou nas excursións, entre outras vantaxes. NOVA COTA DA ANPA Tal e como se acordou na última asamblea, este ano procédese a actualizar o prezo da cota da ANPA para axustala á situación económica actual.  A nova cota será proporcional ao número de rapaces dunha mesma familia que cursen estudios na escola no vindeiro curso. É dicir: 20  euros anuais para unha familia cun só fillo/a escolarizado nesta escola no vindeiro curso. 25 euros anuais para unha familia con 2 fillos/as escolarizados nesta escola no v

INSCRICIÓN EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2024/2025.  Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 17 de xuño e remata o 15 de setembro de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periódo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp específico para cada unha, onde se facilitarán as instruccións pertinentes.  As actividades darán comezo o martes 1 de outubro de 2024. RESPONSABLE PRESENTE EN CADA A

INCRICIÓN NO COMEDOR 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Comedor do vindeiro curso 2024/2025. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina  dentro do prazo que comeza o 17 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Aínda que este ano non houbo os problemas de aforo doutros anos, si que é certo que houbo xornadas que tivemos o comedor case completo. Polo tanto, no case de recibir un número de inscricións excesivo, aplicaránse os mesmos criterios de admisión que se dispuxeron nos cursos anteriores e que se explicaron en entradas previas neste blog. GUÍA DE USO DO COMEDOR As normas e procedementos que rixen o uso e disfrute deste servizo poden descargarse a continuación. Recomendamos encarecidamente a tódolas familias lean detidamente estas normas. Guía de Uso e Procedemento do Comedo

INSCRICIÓN NO PLAN MADRUGA 2024/25

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do Plan Madruga do vindeiro curso 2024/2025. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina   dentro do prazo que comeza o 17 de xuño de e remata o 30 de xuño de 2024 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. No caso de alumnos que precisen facer uso do Plan Madruga de forma esporádica en días soltos ou ben precisen incorporarse ao servizo unha vez comezado o curso, sexan alumnos novos ou non, deberán poñerse en contacto coa ANPA cando necesiten o servizo para tramitar a inscrición á primeira vez. Recomendamos facelo a través do WhatsApp da ANPA e con tempo de abondo, a lo menos dous días de antelación. Se non, non podemos asegurar dar resposta á tempo. HORARIOS O servizo de madrugadores se inicia ás 07:30 e remata ás 09:00. A monitora  do madruga encargase de levar aos