Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2023

Convocatoria da asamblea da ANPA

  Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da Asamblea da ANPA o día  6 de outubro, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria  coa seguinte orde do día: 1- Lectura e aprobación da acta anterior 2- Presentación das contas do curso 22/23 3-Aumento da cota de socio para o vindeiro curso 4-Investimento de parte da subvención do comedor nel 5-Recadación dos cartos de Infantil do curso 24/25 6-Proposición de melloras no colexio 7-Creación dunha comisión de entroido 8- Novas candidaturas a Xunta Directiva                            9-Rogos e preguntas Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo socios ou iniciarse como socios da ANPA este curso 2023/2024, que o importe da cota anual é de 20€ por familia e o prazo finaliza o 30 de setembro. Os pagos á ANPA pódense facer a través de transferencia bancaria...

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 23/24

Ola familias! O prazo para as preinscricións comezará hoxe.  A prioridade fixarase en función da orde de inscrición.  Esperamos  comunicarvos qué actividades se poderán realizar a moito tardar o 22 de setembro, nunha lista provisional, e definitiva o 26 de Setembro. Achegámosvos a continuación un cadro cos horarios e nesta 'LIGAZÓN' podedes ler a descrición das actividades. A  preinscrición  farase premendo aquí:  'PREINSCRICIÓN' .  Igual que nos anos anteriores, tal como se recolle nos documentos oficiais do colexio, durante o transcurso de cada unha das actividades, un pai ou nai permaneza no centro facéndose cargo da mesma.  Se coinciden dúas actividades nun mesmo horario non é necesario a presenza de dous pais. A presenza deste/a nai/pai requírese para: Colaborar co monitor ante posibles urxencias (polo que debe estar localizable por este). Cando a actividade o requira, abrir e pechar o pabellón. As actividades darán comezo o luns 2 de out...

NOVAS NORMAS PARA O COMEDOR 2023-2024

Queridas familias, Comprácenos comunicarvos a actualización das normas do comedor de cara a actualizar o servizo a partir do vindeiro curso 2023-24:   PREZO DO MENÚ (NOVOS PREZOS) Actualizase o prezo do menú normal: ·         Socios da ANPA: 4,75€. ·         Non socios: 5,75€. E o prezo dos menús especiais (celíacos, dieta branda, sen lactosa, etc.): ·         Socios: 4,75€. ·         Non socios: 5,75€.   ALTAS, BAIXAS OU CAMBIOS DE QUENDA (NOVO PROCEDEMENTO) No caso de un usuario novo que queira darse de ALTA no servizo do comedor (considerase novo aquel usuario que nunca foi ao comedor neste curso escolar, aínda que fose usuario o ano pasado), xa sexa de forma puntual (usuario esporádico) ou de xeito continuado, terá que poñerse en contacto directamente coa empresa que proporciona o servizo do comedor, Adrimial ...