Informamos de que finalmente durante, a lo menos este mes de setembro, non se verán modificadas as tarifas da Aula Madruga, que son as seguintes:
-Usuarios mes completo: 40€
-Usuarios medio mes: 30€
-Usuarios días soltos: 4,50€
Desde a ANPA estamos traballando para encontrar a maneira de poder manter estes prezos ou incluso melloralos.
Avisaremos en canto teñamos novidades ao respecto.
Saúdos,
Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para as as actividades extraescolares do vindeiro curso 2025/2026. Os alumnos que precisen praza deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina dentro do prazo que comeza o 15 de xuño e remata o 15 de setembro de 2025 . As solicitudes que se reciban antes ou despois deste prazo serán descartadas. Prégase que se faga unha única inscrición e non se dupliquen as peticións. De haber inscricións duplicadas, só se terá en conta a más actualizada. A continuación pode verse a oferta de actividades extraescolares que se ofertan para o vindeiro curso: As actividades poderán realizarse no caso de acadar a cota mínima necesaria para cada unha, que ten de ser de 10 alumnos ou alumnas como norma xeral. No caso de superar o grupo mínimo, a organización da actividade arrincará tralo peche do periodo de inscrición, coa creación dun grupo de WhatsApp espe...