Ola familias! Este ano, e dado o escenario actual, continúan as restriccións pola COVID-19, pero gracias ao esforzo dos proveedores e á boa disposición da Dirección do colexio, logramos poñer a disposición de todas as familias unha gran variedade de actividades extraescolares. O prazo para as inscricións comezará hoxe, día 22 ata o 28 de setembro. As solicitudes de inscrición faranse a través do formulario adxunto, depositándoo cuberto na caixa de correo da ANPA, ou ben enviándoo por correo electrónico ou Whatsapp, a excepción da actividade de Piscina, que debe ser feita a través do correspondente formulario emitido polo concello e que, unha vez cumplimentado debe entregarse nas instalación da piscina de Mos. A prioridade fixarase en función da orde de inscrición. Esperamos comunicarvos qué actividades se poderán realizar o 29 de setembro, nunha lista provisional de alumnos por extraescolar e definitiva o 1 de Octubre. Máis abaixo podedes atopar as actividades extraescolare...