Informamos aos pais e nais de que o concello de Mos acaba de publicar as axudas municipais de libros e material escolar, e uso do servizo de comedor escolar. O prazo de presentación das solicitudes é de10 días, dende o 20 de outubro ata o 3 de novembro . Xunto coa solicitude e os anexos correspondentes, as persoas interesadas deberán de presentar os seguintes documentos: Copia do D.N.I. da persoa solicitante, do cónxuxe, ou titores no seu caso. Fotocopia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio entregarase tamén copia da sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor. Declaración da renda do exercicio 2020 da persoa solicitante e, de selo caso ,do cónxuxe ou persoa unida por análoga relación. No caso de non habela feito presentarase un certificado negativo emitido por facenda, así como os xustificantes de ingresos do ano 2020 dos organismos dos que perciba ingresos, Seguridade Social, INEM, Xunta... Xustificante de matri...