Saltar ao contido principal

Publicacións

INSCRICIÓN AULA MADRUGA 2022-2023

Bos días, Este ano tamén teremos servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00.  O servizo vai no dar a empresa “O Recreo” e custará 498€/mes ( cunha soa monitora ) . Este ano facturarase de forma diferente. A continuación veredes un exemplo para que se entenda, pois é algo complexo. Aula madruga ne no 1 =    20 días Aula madruga ne no 2 =    5 días      + Aula madruga ne no 3 =    16 días                                           ---------                                           41 días Entón dividiríase o numero de días total polo importe que cobra ao mes a empresa, 498 € / 41  =  X € e cada neno pasaría a pagar: A pagar ne n o 1  =  X x 20 A pagar ne n o 2  =...

REUNIÓN COMEDOR 2022/2023

Ao recibir mais demandas para o servizo de comedor que prazas hai, decidimos convocar o luns 2 9 de agosto ás 20 h unha reunión. Será no comedor do colexio e trataranse os seguintes puntos: 1) Problemática por exceso de demanda do servizo. 2) Posible solución poñendo outra quenda. Iso conleva outra monitora, aumento  do prezo do servizo e cambio no horario de recollida. 3) Votación.

INSCRICIÓN SOCIOS ANPA 2022-2023

Informámosvos que o proceso de alta de familias socias da ANPA iniciarase o 23 de xuño e finalizará o 30 de setembro. O formulario estará á vosa disposición no blogue a partires desa data e a cuota non variará (20 euros/familia). Este proceso será tanto para novas familias como para socias do ano pasado, xa que as cuotas non están domiciliadas. Recordade que os socios da ANPA disfrutarán de descontos nas tarifas de plan madruga, comedor e actividades extraescolares, subvención dunha porcentaxe en todas as excursións realizadas durante o curso, descontos en establecementos adheridos (amosando o correspondente carné de socio), cuota de material para os cursos de Educación Infantil (os pais farán un único pago anual de 40 € e serán os mestres os que lles vaian proporcionando o material que precisen durante o curso), etc. INSCRICIÓN SOCIOS ANPA

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2022-2023

Queridas familias, Ábrese o prazo para a reserva de praza para os usuarios do comedor do vindeiro curso 2022/23. Os alumnos que precisen praza para o comedor deben formalizar a súa reserva a través do formulario online que se facilita na ligazón que se atopa ao final desta páxina do 20 ao 30 de xuño de 2022. Os alumnos que, no momento da reserva de praza , sexan usuarios do comedor e as súas familias continúen sendo socias da ANPA no vindeiro curso 2022/23, terán asegurada a súa praza para o vindeiro curso para disfrutala como máximo nas mesmas condicións (é dicir, solicita como máximo os mesmos días que tiñan reservados no curso 2021/22). Aínda así, estes alumnos deben facer igualmente a reserva a través do formulario online para que podamos contabilizalos como usuarios para o vindeiro curso. No caso de que algún de estes usuarios queira unha ampliación nos días de uso e existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, serán considerados como usuarios novos segundo os criterios de ...

CONVOCATORIA REUNIÓN ANPA

Dende a Directiva da ANPA queremos lembrar a todos os membros a celebración da reunión de fin de curso  da  ANPA o vindeiro mércores desta semana, día   22 de xuño, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria   coa seguinte orde do día :        1-       Lectura e aprobación da acta anterior 2-     Presentación de contas do curso 2021/2022 3-    Presentación e aprovación do orzamento do curso 2022/2023 4-   Posible cambio de empresa do servio de aula madruga 5-     Rogos e preguntas                            Grazas de antemán pola vosa colaboración. Un cordial saúdo.  A directiva da ANPA.

ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023

Este ano queremos facer unha enquisa para valorar as posibles actividades eztraescolares do próximo curso. E importante que respostedes para intentar melloralo servizo. Gracias polo voso tempo. Pinchade na seguinte ligazón. ENQUISA EXTRAESCOLARES 2022-2023

VOLTA A LAVAR OS DENTES !

  Boas tardes, Comentarvos que debido ao cambio no protocolo do COVID os nenos poden volver lavarse os dentes no comedor. Por iso pedímosvos que traian un vaso para enxágüe , pasta, cepillo de dentes e un estoxo onde metelo todo. Sería de axuda que puxésedes o nome a todas as cousas, para que os nenos non se confundan. Grazas e un saúdo.