Saltar ao contido principal

Publicacións

AVISO USUARIOS PLAN MADRUGA

Estimadas familias, Comprácenos comunicarvos que a partir do mes de outubro e durante os meses de outubro, novembro e decembro o Plan Madruga volta ó seu horario de 07.30 a 09.15. Isto é posible grazas a que tras solicitar axuda ó Concello de Mos este respondeu favorablemente e subvencionará parte do servizo, permitindo así, non só ampliar o seu horario senón tamén garantir a súa continuade en polo menos tres meses máis, xa que debido ás normativas impostas pola Xunta en materia de prevención da Covid faise necesario que no servizo haxa un mínimo de dous monitores en todo momento, permitindo así illar na sala Covid a posibles usuarios con síntomas de Covid baixo o coidado dun dos monitores. De cara ó ano que ven, será revisada a situación en decembro e desde a ANPA faremos todo o que esté nas nosas mans para continuar co servizo e continualo neste mesmo horario, o cal poderá manterse sempre que o concello siga subvencionando parte do servizo ou se a normativa vixente nese momento nos p...

PUZZLES EDUCACIÓN INFANTIL

Boas tardes, A ANPA ven de adquirir 16 puzzles para repartir entre os catro grupos de educación infantil. ¡Esperamos que @s nen@s os desfruten! 😊 Saúdos, ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

ACLARACIÓN COTA MATERIAL E ANPA 2020/2021

  Queridas familias, Para dar resposta a algunhas das preguntas que algúns vides facéndonos nestes días, aclaramos cal é o procedemento relativo ó pago de cotas de material e ANPA durante este curso. Neste curso tan só o material de educación infantil será xestionado polo colexio e a ANPA, sendo o custo o seguinte: Socios ANPA: 40€/alumn@ Non Socios: 45€/alumn@ A xestión de este material realízase do seguinte modo: o colexio encárgase de mercar o material necesario durante todo o curso e repartilo entre @s nen@s; e a ANPA xestiona a recadación das cotas e o pago das facturas das compras realizadas polo colexio.   Se algunha familia prefire xestionar directamente a compra do material, e non facelo a través do colexio/ANPA, debe porse en contacto o antes posible coa titora, que lle facilitará o listado de material a mercar. Lembramos que, de facelo así, durante o transcurso do curso tamén será necesario que a propia familia vaia adquirindo o material necesario segundo as ne...

CARNÉ DESCONTOS SOCIOS ANPA

Estimadas familias, Este ano a ANPA estableceu un acordo de colaboración con algúns establecementos a través do cal éstes ofrecerán un desconto a todos os socios da ANPA do colexio. Para a aplicación do desconto, os establecementos solicitarán ós socios que se identifiquen como tales presentando o correspondente carné de descontos. A ANPA remitirá estes carnés a cada familia unha vez se verifique o pago da cota da ANPA de este curso. Todos os descontos serán válidos ata o 31 de decembro de 2021. Detallamos a continuación cales son os colaboradores e os respectivos descontos que ofrece cada un deles: KANGAROO CENTRO DE IDIOMAS  (R/Enrique Peinador, 5 baixo O Porriño) 10 % de desconto en todos os idiomas 15 % de desconto en todos os idiomas se van varios membros da familia MAISON ESCUELA DE MÚSICA   (Rúa Codesal, O Porriño) 10 % de desconto na mensualidade de calquera actividade grupal de outubro a xuño LIBRERÍA PAZ  (R/ Ramón González, 3 O Porriño) 10 % de ...

SERVIZO TUPPER COMEDOR

Boas tardes, Informamos que se abre a posibilidade de que non só os usuarios do comedor utilicen o servizo tupper, o resto das familias poderán tamén beneficiarse deste servizo, neste caso terán que recoller o menú directamente nas instalacións de Adrimial Food, poderán recollelo ata as 15.30. Os prezos serán os mesmos que para os usuarios do comedor: Socios da ANPA: 5€. Non socios: 6€. Saúdos, ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.

FORMULARIO DOMICILIACIÓN BANCARIA COMEDOR

Facilitamos no seguinte link o formulario para a domiciliación do pago do servizo de Comedor (que debe ser remitido á empresa proveedora de servizo). FORMULARIO DOMICILIACIÓN BANCARIA COMEDOR Saúdos, ANPA CEIP Mestre Valverde Mayo.