Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

BEATRIZ CABALEIRO comparte no noso cole o seu conto "Clover, unha porquiña diferente"

O pasado venres 10 de abril, o alumnado dende Educación Infantil ata 4º de Primaria participou nunha actividade moi especial, enmarcada no proxecto de lectura impulsado pola ANPA do centro. Tivemos a inmensa sorte de recibir a visita da autora Beatriz Cabaleiro , quen compartiu coas nenas e nenos o seu conto Clover, unha porquiña diferente . Con esta actividade, queremos destacar o valor fundamental que ten a lectura no desenvolvemento dos nosos cativos. Os libros non só abren a porta á imaxinación e á creatividade, senón que son unha ferramenta indispensable para educar en valores, axudándolles a comprender o mundo e a xestionar as súas emocións. A través desta fantástica historia, o alumnado reflexionou sobre a importancia de respectar as diferenzas, fomentar a empatía e rexeitar calquera forma de acoso escolar. Ademais da gran aprendizaxe, o mellor de todo foi ver o ben que o pasaron os nenos e nenas! Durante a sesión, ríronse, gozaron moitísimo de cada páxina e participaron c...